24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado venres 24 de outubro fomos invitados por Raiola (a nosa mascota do centro) á acudir á biblioteca para celebrar os día das bibliotecas.
Na invitación que deixou polas aulas presentounos o proxecto, o cal leva como título "Con moito conto" e encomendounos a misión de elaborar un conto durante este curso, o cal pasará a formar parte dos fondos da biblioteca. Deste xeito, o venres despois do patio, fomos todo infantil co resto de alumnado do centro, para presentar cada aula a temática do seu libro.
O alumnado de 3 anos escolleu a temática dos contos clásicos e cantáronnos unha canción con estas personaxes como protagonistas.
Cando foi a quenda dos nenos e nenas de 4 anos, ensináronnos os seus contos favoritos e explicáronnos que o seu produto final vai ser unha "ensalada de contos", mesturando personaxes de diferentes historias.
Por último, os nenos e nenas de 5 anos recitáronnos unha adiviña sobre o tipo de conto que ían a utilizar, aventurándose deste xeito nos cómics.
Para finalizar gozamos dun exquisito biscoito!






No hay comentarios:
Publicar un comentario