martes, 28 de octubre de 2025

MERENDA TERRORÍFICA! 

No día de hoxe celebramos todo o ciclo de infantil o primeiro dos obradoiros mensuais que imos a facer durante este curso. Este en concreto tivo como temática o Samaín.




Comezamos a sesión visionando o conto "El banquete de los monstruos" para logo poñernos mans á obra e facer o noso propio banquete!







De forma conxunta fomos elaborando a nosa merenda! Con mandarinas fixemos cabazas, con plátanos e chocolate pequenas pantasmas e por último con paliños de pan e queixo vasoiras de bruxa!  Quedaron merendas realmente terroríficas! E estaban riquísimas! 





Aínda que temos que confesar que debíamos ter pantasmas na aula porque misteriosamente algúns pratos íanse valeirando antes de rematar de elaboralos... 😏 Quen sería?👻

lunes, 27 de octubre de 2025


24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS 

O pasado venres 24 de outubro fomos invitados por Raiola (a nosa mascota do centro) á acudir á biblioteca para celebrar os día das bibliotecas.




Na invitación que deixou polas aulas presentounos o proxecto, o cal leva como título "Con moito conto" e encomendounos a misión de elaborar un conto durante este curso, o cal pasará a formar parte dos fondos da biblioteca. Deste xeito, o venres despois do patio, fomos todo infantil co resto de alumnado do centro, para presentar cada aula a temática do seu libro.

O alumnado de 3 anos escolleu a temática dos contos clásicos e cantáronnos unha canción con estas personaxes como protagonistas.




Cando foi a quenda dos nenos e nenas de 4 anos, ensináronnos os seus contos favoritos e explicáronnos que o seu produto final vai ser unha "ensalada de contos", mesturando personaxes de diferentes historias.




Por último, os nenos e nenas de 5 anos recitáronnos unha adiviña sobre o tipo de conto que ían a utilizar, aventurándose deste xeito nos cómics.




Para finalizar gozamos dun exquisito biscoito! 



Tocará poñerse mans á obra cos contos entón!





jueves, 23 de octubre de 2025


SANITÍN E A ALIMENTACIÓN SAUDABLE!

No día de hoxe visitáronnos dúas integrantes do programa "Cores" (consumo responsable), un programa de formación permanente da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego de Consumo e Competencia.

Deste xeito, comezamos o obradoiro coñecendo  á mascota "Sanitín" que nos axudou a clasificar os alimentos en "saudables" e "non saudables".






Logo de coñecer a pirámide alimenticia, tivemos unha misión: axudarlle á María a elaborar a súa cena, tendo en conta  que os alimentos que escollésemos deberían ser saudables. Puxémonos man á obra e saíron pratos moi apetecibles!















Agora xa temos claro cales son aqueles alimentos máis saudables para nós e poñerémolo en práctica no noso día a día! 

Gozamos moito desta esperiencia!