viernes, 3 de noviembre de 2023

SAMAÍN E MAGOSTO 2023.

O martes 31 de outubro celebramos  no colexio o Samaín e o Magosto. Nas clases de infantil fixemos actividades relacionadas con esta festividade.                                                           Como é tradición  no patio do colexio queimamos os nosos medos.Degustamos castañas asadas e bebimos refrescos.Os nenos/as que quixeron viñeron disfrazados.

Disfrutamos vendo a preciosa exposición de cabazas feitas polas familias.Todas decoradas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar.

Despois de merendar, os nenos/as participaron en diversos xogos populares.

Pasámolo moi ben !!!.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario