jueves, 10 de junio de 2021

EDUCANDO CON MALIBÚ

Esta semana recibimos no colexio de Curtis unha visita moi especial. Visitounos a cadeliña Malibú e a súa dona Adriana, da casa grande de Xanceda.
Adriana contounos a historia de Malibú. Esta cadeliña foi abandonada e quedou moi triste, desorientada e sen saber a onde ir.
A casa grande de Xanceda adoptouna e agora xa é parte da familia desta casa.
A cadeliña educa aos nenos na tenencia responsable de animais e fomenta a adopción.
Antes de marchar a cadeliña deixounos unhas tatuaxes moi bonitas.
Moitas grazas Malibú por visitarnos  e polo teu traballo.
Deixámosvos unhas fotos.Esperamos que vos gusten:















No hay comentarios:

Publicar un comentario