lunes, 27 de abril de 2015

VISITA DUN COLE AMIGO

 O día 23 de abril recibimos no noso cole aos nenos-as de educación infantil de Teixeiro.
Enseñámoslles a exposición de María Antonia Dans ,logo fomos a biblioteca e alí coñeceron a Pepiño, unha marioneta moi simpática.Escoitamos o conto titulado "El ratoncito valiente" .Cómo nos gustou!!!Despois as profes de infantil de Curtis regaláronnos un marcapáxinas no que aparecía o ratiño do conto.Desta forma celebramos o día do libro cunha fermosísima lectura que remata coa amistade entre un lobo e un ratiño.
Os nenos de Teixeiro( os de 5 anos) recitaron unha poesía e fixeron un baile.Despois bailamos todos xuntos.Tras tanta troula repuxemos forzas cunha rica merenda e xogamos no patio.

       FOI  UN  DÍA  ESTUPENDO!!!!!!

A continuación deixámosvos unhas fotos desta xornada
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another picture slideshow by Smilebox
especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario