lunes, 10 de febrero de 2014

PROXECTO JOAN MIRÓ.

       Os nenos e nenas de 3 anos comezamos un novo proxecto no que imos coñecer un montón de cousas de un pintor moi famoso: Joan Miró. Para iso, comezamos pedindo información ás familias. E a verdade é que nos chegou un montón. Queremos agradecerlles todo o que nos trouxeron porque nos serviu un montón para o noso traballo! Grazas.  Polo de agora, estamos preparando o noso recanto, e traballando no proxecto. Pronto o amosaremos no blog. Pero mentras tanto deixámosvos un par de videos para que coñezades a este pintor.
         Neste video coñeceredes a través de un conto a vida de Miró.


       E en este outro vídeo coñeceredes algunha das súas obras e cores:

 
        E tamén vos deixamos o video do mono Bubba que nos descubre as cores.
 
 
 
        Esperamos que vos guste tanto como a nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario