viernes, 21 de junio de 2013

FELICES VACACIÓNS!!

           Remata un novo curso escolar que estivo cargado de innumerables momentos irrepetibles e que este blog serviu un pouquiño de ventaniña para mostralos.  Despedimos con tristeza aos nosos nenos/as de 5 anos.... ainda que seguro que os veremos no patio de Primaria e nos virán visitar!!  con eso contamos!!
          Queremos tamén dar as gracias as familias dos nosos alumnos, por colaborar tanto con nosoutras en tódolos proxectos que propuxemos ao longo do curso. E tamén, moitísimas grazas por tódolos comentarios, sempre tan cariñosos, que nos facedes tanto en persona como a través do blog! porque nos animan un montón no noso traballo e valoramos de todo corazón.
          Sen máis, desexámoslle a todas as familias e alumnos unhas moi felices vacacións, que descansedes moito para volver a vernos en Setembro. Un saúdo e unha aperta grande do equipo de Educación Infantil do Ceip de Curtis. Ata Setembro!!
 
 
 

1 comentario:

  1. Ola,gracias a vós por facer un traballo tan estupendo cos nosos nenos. Vémonos para o próximo curso e que teñades un bo verán. Moitos bicos para todos.

    ResponderEliminar