martes, 26 de noviembre de 2013

lunes, 18 de noviembre de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

     O venres estivemos na biblioteca para escoitar un contacontos. Ignacio de Lalín, contounos un montón de historias graciosísimas que nos fixeron reir moitísimo!!! que ben o pasamos.

 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/contacontos%201/template.swf
 

miércoles, 13 de noviembre de 2013

RECANTOS DO OUTONO

            Deixámosvos os recantos das nosas aulas adicadas ao outono. Canto traballaron estes nenos e nenas!!!.



domingo, 10 de noviembre de 2013

OUTONO

       Aqui vos deixamos esta animación que ven acompañada da música de Vivaldi. Esperamos que vos guste
 

lunes, 4 de noviembre de 2013

CUMPLEANOS DE MARTÍN.

          Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Martín, que nos invitou a un riquísimo biscoito, que estaba..mmmmm.. boísimo! Moitas grazas Martín e que cumplas moitos máis!.
 

CUMPLEANOS EN 4 ANOS.

      Samuel, Alba, Damián e Lucía cumprimos 4 anos. Celebrámolo cos compañeiros-as da clase. Que guapos cos nosos gorros de bruxas.
 

martes, 29 de octubre de 2013

CONTOS DE MEDO.

         Hoxe estivemos no cole dos maiores, mirando todas as cabazas que estaban expostas na entrada. Había moitísimas!! algunhas divertidas, outras terroríficas, e outras moi graciosas. Encantounos velas!!. Despois marchamos á biblioteca onde as profes nos contaron contos de medo. Para iso, estaba preparado un recanto ambientado con teas de araña, velas, monstruos, pantasmas... Así que as profes, encenderon as cabazas e as velas, apagaron as luces... e...comezaron os contos de medo. Pero nós non tivemos medo!!! Encantáronnos!!

 
 

lunes, 28 de octubre de 2013

MAGOSTO.

       Hoxe en educación infantil probamos as castañas no noso magosto!! Estaban boísimas!! Para gardalas tiñamos preparada unha cestiña feita con botellas de auga, que adornamos moi ben. Tamén fixemos uns pins moi chulos, para estar todos/as guapos/as! Qué ben o pasamos! se pinchas na imaxe podes vernos.

 

O TREN DO OUTONO

         Xa chegou ao noso Centro o tren do outono. Ven cargadiño de foitos do outono!! mazás, peras, castañas, caquis, avelás, uvas... Na súa elaboración participaron todas as aulas do cole, tanto de infantil como de primaria. O tren de primaria pódese ver na entrada do cole. E o noso, o de infantil, témolo na aula de psicomotricidade. Aquí podedes ver o ben que quedaron!
 
 

martes, 15 de octubre de 2013

ALMORZOS SAUDABLES.

         Hoxe levamos a cabo os almorzos saudables en educación infantil. O almorzo  foi: zume de laranxa, pan con aceite e tomate, e cereais con leite e cacao. Mmmmm ! estaba todo riquísimo! despois de almorzar, subimos á aula de recursos, onde a nosa orientadora nos explicou o importante que é a alimentación e logo xogamos na PDI, onde demostramos o atentos que estivemos e o moito que aprendimos. Pincha na imaxe para vernos!.

 
E aqui vos deixamos as fotos de como xogamos na PDI.
 
 
 
Para xogar ao xogo dende a casa pincha na seguinte imaxe
 

domingo, 13 de octubre de 2013

DINOSAURIOS

       Na aula de 5 anos estamos comezando un novo proxecto: os dinosaurios. Xa temos todo casi listo... pronto vos ensinaremos cousiñas. Os nenos e nenas de 3 anos, tamén máis adiante investigarán estes animais tan grandes!!!. Pero mentras, e para poder xogar na casa, deixámosvos uns cantos xogos de dinosaurios no lateral dereito do blog. Só tedes que pinchar sobre a imaxe para acceder ao xogo. A xogar!!


NOVOS XOGOS.

      Xa temos novos xogos no lateral dereito do blog. Se pinchas na imaxe accederás directamente a él.  Esperamos que vos gusten un montón e que o pasedes moi ben. A desfrutar!!