martes, 29 de octubre de 2013

CONTOS DE MEDO.

         Hoxe estivemos no cole dos maiores, mirando todas as cabazas que estaban expostas na entrada. Había moitísimas!! algunhas divertidas, outras terroríficas, e outras moi graciosas. Encantounos velas!!. Despois marchamos á biblioteca onde as profes nos contaron contos de medo. Para iso, estaba preparado un recanto ambientado con teas de araña, velas, monstruos, pantasmas... Así que as profes, encenderon as cabazas e as velas, apagaron as luces... e...comezaron os contos de medo. Pero nós non tivemos medo!!! Encantáronnos!!

 
 

1 comentario:

  1. Vera di que moitas gracias por contarlle eses contos tan bonitos. E moitos bicos tamén.
    Eu son Aranza a súa nai e encántame ver con ela todo o que traballades e o ben que o pasades. Grazas por facernos partícipes. Bicos.

    ResponderEliminar