viernes, 21 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS.

            Dende o equipo de Educación Infantil do Ceip de Curtis, desexamoslle  a todas as  familias unhas moi felices festas e feliz 2013!
 
 

UN DÍA MOI ESPECIAL.

            Hoxe foi un día moi especial no cole. Rematabamos o primeiro trimestre, pero tamén viña Papa Noel a visitarnos!! E por iso estabamos todos moi nerviosos e impacientes esperándoo. Tiñamos todo preparado e cando chegou alegrámonos moitísimo!!. Logo pasamos por orde a darlle a nosa carta, que escribimos na clase coas profes. E él deunos uns regaliños e.... O carnet de neno/a bo/a!!! porque este ano os nenos/as de Curtis portámonos moi ben!!!. Se clicas nas seguintes imaxes poderás vernos.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.
 
 
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 4 ANOS.
 

PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 5 ANOS.
 
      Depois estivemos vendo a obra de teatro que fixeron os maiores do cole, os nenos de 6º. Non perdimos detalle porque foi moi divertida e rimos un montón.
 
 
 
E por último, xa pola tarde, puidemos escoitar música galega. Aprendimos un montón de cousas e coñecimos un montón de instrumentos: gaita, pandeiro, cunchas... Cantamos cancións e rematamos bailando todos xuntos. Que ben o pasamos!!


jueves, 20 de diciembre de 2012

CUMPLEANOS DE ANTÍA.

             Na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Antía. A tarta estaba boísima e pasamolo moi ben. Moitas felicidades Antía!!
 
 

XOGAMOS EN PSICOMOTRICIDADE.

         Aos nenos/as de infantil encántannos as clases de psicomotricidade!! Nelas realizamos un montón de actividades e de xogos. Se pinchades na imaxe podedes ver o ben que o pasamos.

PSICOMOTRICIDADE EN 3 ANOS
 
PSICOMOTRICIDADE EN 4 ANOS
 

PSICOMOTRICIDADE EN 5 ANOS
 
 

martes, 18 de diciembre de 2012

CUMPREANOS DE MARTINA.

          Hoxe na clase de 4 anos celebramos o cumpreanos de Martina.  E comimos unha tarta de chocolate que estaba riquíiiiiisima!! Moitas gracias Martina e moitas felicidades no teu día!!


lunes, 17 de diciembre de 2012

CHEGOU O NADAL.

           Os nenos/as de infantil estamos moi ilusionados coa chegada do Nadal. E nas nosas clases xa se nota a chegada destas festas. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo nas tres aulas de infantil. Esperamos que vos guste.

jueves, 29 de noviembre de 2012

O BERRO DE MUNCH.

        Os nenos/as de 4 anos, tamén seguimos traballando no proxecto do medo. E tamén realizamos o noso cadro relacionado con este tema. Coñecimos o cadro que leva por título "O berro" e que realizou Munch. Nel aparece unha persoa que parece asustada e que está berrando. Se pinchas na seguinte imaxe do seu autorretrato poderás saber moitas máis cousas deste pintor.
 
 
          Despois fixemos a nosa propia versión do cadro.  Pintamolo como máis nos gustaba. A profe sacounos fotos poñendo cara de medo, igual que no cadro de Munch e pegámolas no noso cadro. Por último puxémoslle o nome á nosa obra. Mirade nestas fotos o ben que o pasamos e que o fixemos!
           Se  pinchas no cadro do berro de Munch poderás vernos traballando.
 
 

miércoles, 21 de noviembre de 2012

NOITE ESTRELADA.

          Os nenos/as de 5 anos seguimos traballando no proxecto das bruxas. A profe ensinounos unha pintura moi bonita que se chama  "noite estrelada" de Vincent  van Gogh. Pero nós imolo personalizar un pouco e poñeremoslle unha bruxiña voando nesa noite tan fermosa.
          Con esta actividade pretendemos que os nenos/as se acheguen ao arte dun xeito lúdico e motivador para eles. Coñezan pintores recoñecidos e algunhas das súas obras máis importantes.
Para coñecer un pouquiño máis sobre Vincent van Gogh, pincha no seu autorretrato.

 

           As nosas pinturas versionando o cadro quedaron preciosas. Ademáis estabamos moi concentrados porque queríamos que nos quedara moi ben. Para vernos, clica no cadro.

 
Estes nenos/as son uns verdadeiros artistas!!!

martes, 20 de noviembre de 2012

POEMA DO OUTONO

           No mural do outono, os nenos/as de 5 anos tiñan un fermoso poema, que pouco a pouco foron aprendendo. Agora que xa o saben enteiriño, queren amosarnolo a nós. Mirade que ben recitan estes nenos/as!!!

 

lunes, 19 de noviembre de 2012

O CONTO DE NADARÍN.

         Os nenos e nenas de 4 anos queremosvos contar o conto de Nadarín que tanto nos gusta. Nadarín era un peixiño pequeno pero moi rápido e moi listo. Conseguiu escapar dun atún grande, e pensando, pensando... argallou a maneira de enganalo para poder xogar cos seus amigos.
         A través deste conto de Leo Lionni, traballamos aspectos como o respecto polas diferenzas das características comúns, a superación dos propios medos así como o traballo en equipo.
         Esperamos que vos guste!
 
 
 

martes, 6 de noviembre de 2012

ASI DECORAMOS AS NOSAS AULAS EN SAMAIN.

Como sabedes, estivemos traballando moito para celebrar o Samaín. E tamén estamos traballando en proxectos de bruxas e de medo, polo que as nosas aulas estaban cheas de: castelos, arañas, bruxas, vampiros... e tamén fixemos uns bolsiños onde metimos as palabras das cousas que nos daban medo, para que quedaran encerradas para sempre e non nos asustaran máis. Este é o noso traballo.



ESCOITAMOS CONTOS NA BIBLIOTECA

Aquí tedes as imaxes dos contos que escoitamos na biblioteca. Como podedes ver estivemos moi atentos escoitando eses contos de medo....uuuuuuh!!!