Hoxe foi un día moi especial no cole. Rematabamos o primeiro trimestre, pero tamén viña Papa Noel a visitarnos!! E por iso estabamos todos moi nerviosos e impacientes esperándoo. Tiñamos todo preparado e cando chegou alegrámonos moitísimo!!. Logo pasamos por orde a darlle a nosa carta, que escribimos na clase coas profes. E él deunos uns regaliños e.... O carnet de neno/a bo/a!!! porque este ano os nenos/as de Curtis portámonos moi ben!!!. Se clicas nas seguintes imaxes poderás vernos.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 4 ANOS.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 5 ANOS.
Depois estivemos vendo a obra de teatro que fixeron os maiores do cole, os nenos de 6º. Non perdimos detalle porque foi moi divertida e rimos un montón.
E por último, xa pola tarde, puidemos escoitar música galega. Aprendimos un montón de cousas e coñecimos un montón de instrumentos: gaita, pandeiro, cunchas... Cantamos cancións e rematamos bailando todos xuntos. Que ben o pasamos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario