Xa sabemos cada vez máis cousas dos esquimais. Se queredes saber como son as suas casas podedes ver este divertido video onde Pingu quere facer un iglú. Conseguirao?
Os nenos/as de 4 anos queriamos realizar a cerimonia do té chino. Sabíamos que os nenos/as de 5 anos xa realizaran esta actividade o ano pasado, así que convidamolos para que nos explicasen cómo se facía. Tamén avisamos a os de 3 anos para que puideran participar. Cando xa estabamos preparados chegou unha princesa china, que nos saudou e comezou a cerimonia do té. Nós xa sabiamos que non podíamos tomar té, así que tomamos unha infusión de froitas: mazá, laranxa, limón e froitos do bosque. Era vermella e estaba moi doce. A algúns nenos encantoulles e a outros non tanto....Pero todos probamos a nosa infusión.
Se pinchas na seguinte imaxe podes ver as fotos. Esta vez, tarda un pouquiño máis en cargar o programa, porque sacamos moitas fotos.
Pero non acababan ahí as nosas sorpresas. Para ese día tiñamos preparado un gran dragón chino feito por nós. Queríamos acabar o día cunha gran festa cos nosos amigos, así que saimos co noso dragón ao patio! Tódolos nenos participaron e foi moi divertido!
E dende aquí queremos dar as grazas ás profes que nos axudaron a levar a cabo esta actividade xa que sen a súa axuda esto sería imposible.
Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Teresa. Convidounos a un biscoito que estaba riquísiiiimo! Moitisimas gracias Teresa e que cumplas moitos máis!.
Na aula de 5 anos estamos levando a cabo un novo proxecto sobre os esquimais. Ainda non rematamos o recanto, pero en canto o teñamos listo publicaremolo no blog para compartilo con todos.
Mentras tanto deixámosvos unha película de nanuk, o esquimal. É un pouco antiga, está en blanco e negro e é muda, pero sérvenos moi ben para ir coñecendo esta nova cultura e forma de vida.
Esperamos que vos guste e aprendamos todos moito sobre os esquimais con ela.
Tamén vos deixamos esta fermosa canción de nanuk el esquimal. Pulsa no play para comezar a escoitala.
E por último, deixamosvos un xogo esquimal que teredes sempre no lateral dereito onde se situan os xogos do blog.
Esperamos que disfrutedes moito con este novo proxecto.
Os nenos e nenas de 5 anos xa prepararon outro poemiña. E é que estes nenos/as están feitos uns auténticos profesionais. Aquí podedes ver o ben que o fan!!
Hoxe celebramos na aula de tres anos, o cumpleanos de Dario. Convidounos a un biscoito que estaba riquísimo e pasamolo xenial na sua festa!. Moitas grazas Dario e moitas felicidades no teu día!.
Na aula de 4 anos estivemos probando comida de China: arroz tres delicias, rollitos de primavera e pan de gambas. Primeiro traballamos un pouquiño para saber como tiñamos que coller os palillos cos que iamos a comer. Logo puxemos os nosos gorriños, que xa tiñamos preparados para este día. Cada un decorouno como máis lle gustou. E por último, lavamos as mans e puxemos a mesa. So faltaba a comida!!. Nestas fotos podedes ver o divertido que foi.
Tamén vos queremos amosar o noso bonsai, que cuidaremos entre todos e ao que lle están saindo xa flores.
Na aula de 4 anos celebramos o cumpleanos de Joel. Convidounos a unha riquísima tarta e pasámolo moi ben. Moitas grazas Joel e moitas felicidades no teu día! Que cumplas moitos mais.
Xa temos o noso recanto de China cheíño de moitísimas cousas! Estamos moi contentos e queremos saber cada vez máis cousas deste lugar! Aquí vos deixamos unha mostra do noso rincón e dalgúns dos traballos que xa realizamos.
Hoxe celebramos o día da paz no cole. Realizamos manualidades nas tres aulas e rematamos cun baile en roda no patio de primaria. Nós, os pequenos estabamos no centro dun gran círculo e rodeados dos maiores do cole. Foi un día moi divertido. Clica na imaxe para vernos.
Na aula de 4 anos estamos creando un rincón de China. Xa temos moitas cousas que trouxemos das nosas casas e outras que estamos a facer. Pronto vos ensinaremos como nos quedou. Pero por agora, deixamosvos cunha imaxe panorámica da gran muralla China, onde podedes ver o grandísima que é. Pincha na imaxe.
E aquí podes coloreala como máis che guste. Pincha na imaxe.