Os nenos/as de 4 anos queriamos realizar a cerimonia do té chino. Sabíamos que os nenos/as de 5 anos xa realizaran esta actividade o ano pasado, así que convidamolos para que nos explicasen cómo se facía. Tamén avisamos a os de 3 anos para que puideran participar. Cando xa estabamos preparados chegou unha princesa china, que nos saudou e comezou a cerimonia do té. Nós xa sabiamos que non podíamos tomar té, así que tomamos unha infusión de froitas: mazá, laranxa, limón e froitos do bosque. Era vermella e estaba moi doce. A algúns nenos encantoulles e a outros non tanto....Pero todos probamos a nosa infusión.
Se pinchas na seguinte imaxe podes ver as fotos. Esta vez, tarda un pouquiño máis en cargar o programa, porque sacamos moitas fotos.
Se pinchas na seguinte imaxe podes ver as fotos. Esta vez, tarda un pouquiño máis en cargar o programa, porque sacamos moitas fotos.
Pero non acababan ahí as nosas sorpresas. Para ese día tiñamos preparado un gran dragón chino feito por nós. Queríamos acabar o día cunha gran festa cos nosos amigos, así que saimos co noso dragón ao patio! Tódolos nenos participaron e foi moi divertido!
E dende aquí queremos dar as grazas ás profes que nos axudaron a levar a cabo esta actividade xa que sen a súa axuda esto sería imposible.
hola, pero que ben preparou a infusión a princesa china, que pena non poder probalo coa boa pinta que tiña. un saúdo
ResponderEliminarPRECIOSO, encantoume... que caras de atentos/as!!
ResponderEliminar