Hoxe celebramos o cumpreanos de Victor na clase de 4 anos, nun día nevado!. Victor convidounos a unha riquísima tarta de chocolate e nata. Moitísimas gracias Victor, e moitas felicidades! Pásao moi ben no teu día!.
martes, 22 de enero de 2013
viernes, 18 de enero de 2013
BRUXAS E BRUXOS NA AULA DE 5 ANOS!!!
A aula de 5 anos tivo hoxe moito tráfico aéreo, porque circulaban moitas bruxas e bruxos montados nas súas escobas voadoras! Estaban todos moi guapos/as, con ese gorro, peluca e capa tan bonitos. Pincha na imaxe se os queres ver.
CUMPREANOS DE MARTA
Hoxe celebramos o cumpreanos de Marta na aula de 4 anos, ainda que en realidade será mañá o seu cumpreanos. Convidounos a un biscoito que estaba boisssiiiimo e do que non quedou nadiña!! Moitas grazas Marta, que disfrutes moito mañá coa tua familia e que cumplas moitos máis!!
jueves, 17 de enero de 2013
CHINA
viernes, 11 de enero de 2013
OS NOSOS DEBUXOS DE BRUXAS.
Os nenos/as de 5 anos, continuamos realizando o noso proxecto de bruxas. Esta vez traballamos cunha poesía de Gloria Fuertes, que nos explicaba ¿Como se debuxa unha bruxa? É moi divertida e a nós encantounos.
Despois fixemos os nosos debuxos e como podedes ver quedaronnos preciosos! Como xa sabiamos debuxar as bruxas, despois de todo o aprendido, nos esquecimos nin un só detalle!
CUMPLEANOS DE LUCÍA
Hoxe celebramos na aula de 5 anos o cumpreanos de Lucía. Convidounos a un biscoito .... mmmmmm! riquísimo!!! Moitas gracias Lucía e desexamosche un moi feliz cumpreanos.
viernes, 21 de diciembre de 2012
FELICES FESTAS.
Dende o equipo de Educación Infantil do Ceip de Curtis, desexamoslle a todas as familias unhas moi felices festas e feliz 2013!
UN DÍA MOI ESPECIAL.
Hoxe foi un día moi especial no cole. Rematabamos o primeiro trimestre, pero tamén viña Papa Noel a visitarnos!! E por iso estabamos todos moi nerviosos e impacientes esperándoo. Tiñamos todo preparado e cando chegou alegrámonos moitísimo!!. Logo pasamos por orde a darlle a nosa carta, que escribimos na clase coas profes. E él deunos uns regaliños e.... O carnet de neno/a bo/a!!! porque este ano os nenos/as de Curtis portámonos moi ben!!!. Se clicas nas seguintes imaxes poderás vernos.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 4 ANOS.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 5 ANOS.
Depois estivemos vendo a obra de teatro que fixeron os maiores do cole, os nenos de 6º. Non perdimos detalle porque foi moi divertida e rimos un montón.
E por último, xa pola tarde, puidemos escoitar música galega. Aprendimos un montón de cousas e coñecimos un montón de instrumentos: gaita, pandeiro, cunchas... Cantamos cancións e rematamos bailando todos xuntos. Que ben o pasamos!!
jueves, 20 de diciembre de 2012
CUMPLEANOS DE ANTÍA.
Na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Antía. A tarta estaba boísima e pasamolo moi ben. Moitas felicidades Antía!!
XOGAMOS EN PSICOMOTRICIDADE.
Aos nenos/as de infantil encántannos as clases de psicomotricidade!! Nelas realizamos un montón de actividades e de xogos. Se pinchades na imaxe podedes ver o ben que o pasamos.
PSICOMOTRICIDADE EN 3 ANOS
PSICOMOTRICIDADE EN 4 ANOS
PSICOMOTRICIDADE EN 5 ANOS
martes, 18 de diciembre de 2012
CUMPREANOS DE MARTINA.
Hoxe na clase de 4 anos celebramos o cumpreanos de Martina. E comimos unha tarta de chocolate que estaba riquíiiiiisima!! Moitas gracias Martina e moitas felicidades no teu día!!
lunes, 17 de diciembre de 2012
CHEGOU O NADAL.
Os nenos/as de infantil estamos moi ilusionados coa chegada do Nadal. E nas nosas clases xa se nota a chegada destas festas. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo nas tres aulas de infantil. Esperamos que vos guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)