Os nenos e nenas de Educación Infantil para celebrar a pascua fixemos unha bolsiña de coello para levar os traballos para a casa e uns adornos de madeira con forma de ovos de pascua que nos quedaron chulísimos!
Tamén fixemos unha búsqueda de ovos de chocolate polo cole, para conseguilos tivemos que pasar unhas probas as cales eran:
1 RESOLVER UNHA ADIVIÑA
2 REALIZAR UNHAS SUMAS
3 FACER UN BAILE ENTRE TODOS
4 QUEDAR CONXELADOS DURANTE UN MINUTO
5 ENCESTAR COMO MÍNIMO 10 PELOTAS NO CESTO
Como somos tan bos pasamos todas as probas formando un gran equipo polo que levamos todos e todas os ovos de chocolate para a casa que taaanto nos gustan!
Mostrámosvos unhas fotos do ben que o pasamos, esperamos que vos gusten:



No hay comentarios:
Publicar un comentario