O día 17 de xaneiro visitamos o Aquarium Finisterrae, coñecido como "A casa dos peixes".Cando chegamos ao acuario vimos o faro da Torre de Hércules.
Na entrada principal destacaba nun acuario un enorme banco de sardiñas.Seguidamente pasamos a unha sala en semioscuridade.Sorprendeunos a oceanosfera, unha pantalla esférica rodeada dunhas gradas onde os nenos poideron sentar e escoitar información sobre os peixes.
Visitamos moitas salas e coñecemos moitas especies mariñas sorprendentes.Baixamos ao Nautilus, unha sala sumerxida no mar, onde disfrutamos vendo a Gastón o tiburón e outros moitos peixes.Nas piscinas situadas no exterior vimos as focas.
Rematamos a visita visitando a cantina para poder merendar.
Disfrutamos moito desta visita e aprendemos moitas cousas da vida mariña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario