Para centrarnos no tema,fomos á biblioteca a ler contos de medo.As nosas profes estaban disfrazadas de bruxas e fixeron unha pócima para que a bebésemos e así desapareceran os nosos medos.Algúns repetiron,pero outros non quixeron nin probala por si levaba cola de rato ou babas de rá.Pasámolo xenial!!!
O venres 2 de novembro celebramos o samaín e o magosto.As profes fixéronos unhas capas negras cun broche de cabaza e maquilláronos, e elas transformáronse en bruxas.Despois subimos a primaria para tomar castañas asadas e beber refrescos.
Fixemos xogos cos nenos-as de primaria para potenciar a convivencia e por último queimamos os medos que o día anterior meteramos na caixa dos medos.
A continuación deixámosvos unhas fotos.Esperamos que vos gusten!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario