O 8 de marzo coincidindo co día da muller traballadora,visitáronnos un home e tres mulleres de Camariñas que nos viñeron falar dos traballos dos percebeiros.
Vimos un pequeno documental de como collían os percebes e tamén de mulleres mariscando.
Amosáronnos a roupa específica e utensilios que utilizan.
Foi moi interesante e déronnos un pequeno agasallo: un libro dos Bolechas!!!
Unha palilleira estivo palillando para ensinarnos como se fai a fermosa puntilla de Camariñas.
Moitas grazas por achegarnos coñecementos do proxecto que estamos a traballar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario