jueves, 1 de diciembre de 2016

CONMEMORACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nas aulas de Infantil de Curtis tamén traballamos o día contra a violencia de xénero. Todos os nenos e nenas do ciclo xuntámonos no aula de 5 anos e as profes explicáronnos o importante que é tratar ben as nosas mamás e estarlles moi agradecidos por todo o que nos coidan e todo o tempo que nos dedican. Tamén falamos da importancia de tratarnos ben, respectarnos e querernos entre nos independentemente de ser nenos ou nenas.
Ademais as profes léronnos o conto Arturo e Clementina no que dúas tartarugas namóranse e casan, pero Clementina está soa na casa todo o día e abúrrese moito, por se fora pouca cando Arturo chega a casa non a trata ben, insúltaa e dille que non vale para nada. Arturo facíalle regalos que Clementina tiña que levar por riba da súa cuncha ata que foi tan pesado que xa non poido máis e marchou da casa. Todos decatámonos de que Arturo era moi malo e que así non se pode tratar a ninguén.

A lectura e a posterior actividade axudounos moito para reflexionar sobre este tema xa que é nestas primeiras idades cando temos que empezar a traballar todo o relacionado cá educación en valores, para metelo ben na testa e que nunca, nunca máis se nos esqueza.




No hay comentarios:

Publicar un comentario