O mércores 19 de outubro, na clase de 3 anos celebrámolo
cumple de Iria García, pasámolo moi ben e comemos unha tarta preciosa que tiña
unha foto dá princesa Sofía, que é unha das súas princesas preferidas, encantounos
e hasta deunos un pouquiño de pena ao cortala.
Como non estaba a profe Arancha
que estaba un pouquiño mal do lumbago, preparáronnos a festa a directora Chus Barral,
Ester, a profe de 4 anos, e tamén Nati a nosa profe de prácticas. A Arancha
deulle moita pena non estar, pero o día seguinte vimos todas as fotos e
contámoslle todo e xa se puxo moi contenta.
Ademais Iria tróuxonos de regalo uns libriños para pintar debuxos do mar, aproveitando
que estamos aprendendo moitas cousas co proxecto COÑECEMOS O MAR, vámolos ter uns días na clase para falar de todas
as cousas que alí aparecen e pintar un pouquiño, pero en unha ou dúas semanas
xa os levamos para a casa para poder seguir traballando outro pouquiño cas
nosas familias.
Moitísimas grazas Iria, pasámolo xenial e moitas
felicidades por eses 3 anos marabillosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario