sábado, 7 de febrero de 2015

30 XANEIRO : DIA DA PAZ

 

   En Infantil quixemos celebrar este día cos nosos compañeiros de Primaria. Por iso, coa axuda das nosas profes fixemos unhas flores de papel para regalarlles aos nosos maiores (avós e avoas) que viñeron pola tarde ao cole.

   Todos os alumnos-as e mestres cantamos dúas cancións para eles coa axuda de Xan, o noso profe de música. 
  
    Como nos gustou adicarlles este día aos nosos avoíños/as. 

QUERÉMOLOS TANTO !!!

   Pola mañá contamos un conto sobre unha pomba e pintamos mans de distintas razas que pegamos nun mural.

   A continuación deixámosvos unha mostra dos nosos traballos:





Deixámosvos tamén o video dunha das cancións por se a queredes cantar nas vosas casas



No hay comentarios:

Publicar un comentario