Na aula de 3 anos estamos a piques de rematar o noso proxecto. Sentímonos moi contentos/as coas nosas obras de arte por iso queremos compartilas a través do noso blog.
Esperamos que vos gusten tanto como a nós e que disfrutedes vendo os nosos traballos pois xa somos uns verdadeiros/as artistas!!!
- Nestas imaxes que aparecen a continuación, pintamos distintos elementos que Miró empregaba nos seus cadros: lúas azuis, soles vermellos, estrelas amarelas, planetas negros, ollos de cores... e decoramos con eles a entrada e o recanto do proxecto.
- No cadro de "Azul II", primeiro preparamos a pintura e despois cada un pintou con un rodillo a súa cartulina. Deixámola secar 2 días e logo pegamos os gomets. A profe colgou os nosos cadros na entrada. Que chulada!!
- Tamén coloreamos distintas láminas de Miró empregando diferentes técnicas: ceras duras, pincel, rotuladores, ceras blandas...
- Entre todos fixemos o mural da obra "el mural de la luna". A profe fixo o debuxo sobre cartón-pluma e nós, por grupos, pintamolos con ceras blandas. O fondo estampámolo con esponxas.
- Partindo do cadro "autorretrato" fixemos un pequeno puzzle intentando utilizar as mesmas cores que usou Miró.
No hay comentarios:
Publicar un comentario