Hoxe recibimos na biblioteca a visita dun músico, José María de Ortigueira que nos ensinou un montón de instrumentos musicais galegos, e o seu son. Algúns xa os coñecíamos, como a pandereta, o tambor, o bombo, as cunchas.. pero outros eran novos para nós, e tamén o seu son, como: os pitos, a trompa, a zanfona (que puidemos ver incluso por dentro) e que nos pareceu moi rara...
Pero o mellor de todo, foi poder tocar os instrumentos e incluso participar nunha peza co noso amigo José María. Aquí vedes o ben que o fixemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario