miércoles, 3 de abril de 2013

LIEBSTER BLOG AWARD

      Xusto, dende o blog do Ceip Isidro Parga Pondal, otorgounos fai uns días o premio Liebster Blog Award que nos encantou recibir!! Moitas grazas Xusto!!
 
      Se pinchades na imaxe poderedes accede ao seu blog.
 
 
       O obxectivo deste premio é dar a coñecer blogs entre a comunidade virtual. Ao recibir o premio, comprometémosnos a:
  • Nomear e agradecer  o  premio á persoa que o concedeu.
  • Responder ás once preguntas que nos formule.
  • Conceder o premio a outros once blogs que nos gusten e que estean empezando.
  • Formular once preguntas para que respondan os blogueiros aos que premiamos.
  • Visitar os blogs que fosen premiados co noso.
  • Informar aos blogueiros do noso premio.
  •  
    Respondemos ás preguntas formuladas:
     
    1. Por que decidiches crear un blog e cando comezaches?
    Comezamos este curso escolar co blog coa intención de dar a coñecer as nosas actividades e poder compartir coas familias o noso traballo.
    2. Que che aporta ter un blog?
    Permítenos informar, compartir, dar a coñecer o noso traballo e coñecer o dos demais.
    3. Cal é a entrada do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
    As entradas con máis éxito son nas que aparecen os nenos en divesas actividades: recitando, traballando, cumpleanos.
    4. Utilizas redes sociais?
    Non.
    5. Para ti, que significa educar?
    Colaborar na formación de PERSOAS.
    6. Viviches algún feito importante a través do blog?
    Para nós o máis gratificante son os comentarios, no blog ou en persoa, valorando o noso traballo.
    7. De onde che nace a inspiracións para escribir e continuar co blog?
    Nace da propia actividade en Infatil. Contamos o que estamos a facer nese momento.
    8. Que aprendeches a nivel persoal e profesional no último ano?
    Moitas cousas...
    9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?
    Quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender.
    10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
    Que disfruten do que fan e que compartan as suas actividades, experiencias, iniciativas cos demais. Todos aprendemos de todos.
    11. Case todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lles explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños ...?
    A vocación polo noso traballo, por cumplir pequenos obxectivos, ir pouquiño a pouco é realmene o máis gratificante. Porque de repente miramos atrás e vemos o que temos conseguido.
     
    Os nosos 11 blogs premiados son os seguintes: (se pinchas encima deles podes vistalos)

     
     
     
     






    Estas son as once preguntas que nos deixou Xusto e que tamén vos propoñemos:
    1. Por que decidiques crear un blog e cando comezaches?
    2. Que che aporta ter un blog?
    3. Cal é a entrada do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
    4. Utilizas redes sociais?
    5. Para ti, que significa educar?
    6. Viviches algún feito importante a través do blog?
    7. De onde che nace a inspiracións para escribir e continuar co blog?
    8. Que aprendeches a nivel persoal e profesional no último ano?
    9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?
    10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
    11. Case todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lles explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños ...?


     

4 comentarios:

  1. Gracias por el premio!!! Me lo llevo a mi blog de premios. Un beso enorme, muy bello tu blog :) Ya te sigo. Saludos!

    ResponderEliminar
  2. Moitíííííííísimas grazas!!! é o primeiro que recibimos! en canto poidamos xa o instalamos no noso blog. Moitos bicos para todos os nenos/as e as profes do CEIP de Curtis.

    ResponderEliminar
  3. Moitas felicidades e seguide así. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  4. Muchas gracias compis! En cuanto pueda lo cuelgo en el buzón! Un besiño

    ResponderEliminar