miércoles, 25 de abril de 2018

DA HORTA AO PRATO

Despois de escoitar a canción A HORTA DE BALBINA varias veces,pensamos que non estaría mal mercar verduras frescas e facer unha degustación destes productos tan coloridos das nosas hortas.
Trouxemos a aula: cebolas,calabacíns,tomates,berenxenas,espárragos,champiñóns,cenorias e pementos.Falamos destes alimentos,tocámolos para saber si eran de pel rugosa ou lisa,falamos da súa cor,do seu olor...e despois lavámolos.
As profes cortaron todo en anaquiños para poñelos na plancha e unha vez feitas fixémoslles a festa.
Deixámosvos unhas fotos e a canción.Esperamos que vos gusten.



















domingo, 8 de abril de 2018

ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE

Nestes meses traballamos moito e fixemos moitas actividades e celebracións como por exemplo:o Entroido,o día da Muller Traballadora,visita dun Contacontos,a Pascua e a saída didáctica á escola ecolóxica A Raíña en Vilasantar.A continuación deixámosvos unhas fotos.Esperamos que vos gusten!!!





































viernes, 6 de abril de 2018

CUMPLEANOS DE ALICIA

O mércores 4 de abril, na aula de 3 anos celebramos o cumple de Alicia.Soprou a vela do número 4,que maior xa!!!
A súa mamá coa axuda de Alicia fixo un biscoito deliciosooooo!!!Por fora cheiño de boliñas de azúcar de cores e por dentro levaba chocolate.
Compartímolo cos nosos compañeiros de 4 e 5 anos.
Moitas grazas  Alicia e que cumplas moitos máis!!!