O venres 20 de maio celebramos o cumpleanos de Gabriela na clase de 3 e 4 anos.Convidounos cunhas deliciosas boliñas de biscoito e queixo, bañadas en chocolate branco e negro.
Estaban riquísimas!!!
Comémolas todas, todas!!!
Compartímolas tamén cos nosos compañeiros da clase de 4 e 5 anos.
Moitísimas grazas Gabriela e que cumplas moitos máis!!!
Grazas tamén polos preciosos agasallos que lles trouxeches aos teus compañeiros.
martes, 24 de mayo de 2016
domingo, 22 de mayo de 2016
TEATRO EN INGLÉS
Coma todos os anos Mª José a profe de lingua extranxeira, organizou a visita ao CEIP de Cesuras para ver a obra de teatro en inglés titulada "SIDNEYRELLA".Os nenos e nenas de infantil de 5 anos poidemos ir cos de primaria e como nos encanta saír e aprender, alá nos fomos.
Estivo xenial!!!
DÍA DA FAMILIA
O 15 de maio celebrouse o DÍA DA FAMILIA e como todos-as queremos moito as nosas, quixemos facerlles un pequeno agasallo.
Que ben quedaron as nosas macetas!!!!
domingo, 10 de abril de 2016
CUMPLE DE RAÚL
O xoves 7 de abril, celebramos o cumple de Raúl.Convidounos cun biscoito de chocolate adornado con lacasitos.Estaba boíiiiiisimo!!!
Compartímolo cos nenos e nenas da outra aula de infantil.
Moitas felicidades Raúl e que cumplas moitos máis.!!!
domingo, 3 de abril de 2016
SAÍDA AO CIRCO NOVA
O xoves 31 de marzo fomos a Santiago e visitamos o CIRCO NOVA.Fixemos exercicios de equilibrio,de saltos,de malabares...Pasámolo xenial!!!
Deixámosvos unhas fotos para que poidades ver canto disfrutamos ese día
.
![]() |
| Create a digital slideshow |
CUMPLE DE IKER
O mércores 30 de marzo celebramos o cumple de Iker.Convidounos cun biscoito adornado con chocolate e lacasitos.Compartímolo cos nosos compañeiros da outra aula de infantil.
Estaba boísimooo!!!
Moitas grazas Iker e que cumplas moitos máis!!!
martes, 29 de marzo de 2016
CUMPLE DE HUGO
Hoxe,martes 29 de marzo celebramos o cumple de Hugo.Convidounos cun riquíiiisimo biscoito que él mesmo preparou coa súa mamá.Adornouno cunha oblea das tartarugas e polo arredor viña cheiño de gominolas de distintas formas e cores.
Moitas grazas Hugo e que cumplas moitos máis.!!!
ACTIVIDADES RECENTES
O 8 de marzo celebramos no noso cole o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.Contamos un pouquiño a orixe desta celebración e traballamos dous contos:" Rosa Caramelo" e "Elmer",
reflexionando e expresando oralmente os contidos das lecturas.Despois entre todos e coa axuda de
Mónica(orientadora) e Silvia(especialista en AL) fixemos a Elmer.
Para a Pascua,coloreamos unhas tarxetas para colocar nunhas bolsiñas que levaban ovos de chocolate.Quedaron chulísimas!!!Tamén coloreamos ovos de pascua.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades os nosos traballos.
![]() |
| Personalize your own photo slideshow |
lunes, 21 de marzo de 2016
CUMPLE DE MONCHO
O venres 19 de Marzo foi o cumple de Moncho, celebrámolo na aula cunha riqísima tarta de nata e chocolate que lle trouxeron os seus avós.
Estaba deliciosa!!!
Moitas grazas Moncho e que cumplas moitos máis!!!
CUMPLE DE NOA
O xoves 18 de Marzo foi o cumple de Noa.Convidounos cun biscoito cuberto de chocolate e gominolas que fixo coa súa mamá e tamén cunhas galletas feitas por elas.Estaba todo delicioso!!!.Como sempre, compartimos cos compañeiro-as da outra aula de infantil.
Moitas grazas Noa e que cumplas moitos máis.
Moitas grazas Noa e que cumplas moitos máis.
viernes, 4 de marzo de 2016
CONMEMORACIÓN DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro quixemos lembrar a Rosalía de Castro .
O equipo de dinamización propuxo facer unha exposición de libros desta autora aportados por todas
e todos os alumnos do cole.
No patio colocouse un panel no que os distintos cursos pegaron unha peza para formar o retrato de
Rosalía.
Despois unhas nenas de primaria recitaron un poema.
Nós tamén quixemos participar nesta actividade colectiva.
O equipo de dinamización propuxo facer unha exposición de libros desta autora aportados por todas
e todos os alumnos do cole.
No patio colocouse un panel no que os distintos cursos pegaron unha peza para formar o retrato de
Rosalía.
Despois unhas nenas de primaria recitaron un poema.
Nós tamén quixemos participar nesta actividade colectiva.
miércoles, 2 de marzo de 2016
CUMPLEANOS DE IKER
O luns 29 de febreiro celebramos o cumpleanos de Iker na clase de 3 e 4 anos. Convidounos cun riquísimo biscoito de chocolate.
Estaba riquísimo!!!
Comímolo todo,todo!!!
Encantounos!!!
Compartímolo tamén cos nosos compañeiros da clase de 4 e 5 anos.
Moitísimas grazas Iker e que cumplas moitos máis!!!
Grazas tamén polos preciosos agasallos que lles trouxeches aos teus compañeiros.
Estaba riquísimo!!!
Comímolo todo,todo!!!
Encantounos!!!
Compartímolo tamén cos nosos compañeiros da clase de 4 e 5 anos.
Moitísimas grazas Iker e que cumplas moitos máis!!!
Grazas tamén polos preciosos agasallos que lles trouxeches aos teus compañeiros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

