sábado, 17 de mayo de 2014

RESOLVEMOS A MISIÓN EN 4 E 5 ANOS.

       Os nenos/as de 4 e 5 anos tamén xa resolvemos a misión. Para vernos pincha na imaxe que te levará ao blog da biblioteca.


TALLER DE COIRO.

       Para rematar a semana das Letras Galegas, estivemos na biblioteca para realizar un taller de coiro no que elaboramos unhas pulseriñas que nos gustaron moitísimo. Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde nos poderás ver a nós e ao resto de alumnos/as do Centro.

 
         A actividade realizámola do seguinte xeito:
  1.  Mollamos o coiro con un pano.
  2. Gravamos o nome con troqueles de abecedario coa axuda dun martelo.
  3. Con outro troquel de flores, formas xeométricas, etc. decoramos a pulseira.
  4. Nos extremos taladramos dous furados con un saca-bocados.
  5. Pintamos os cantos da pulseira con un rotulador permanente.
  6. Finalmente dáselle colora á pulseira con un tinte.

jueves, 15 de mayo de 2014

CUMPLEANOS DE LAURA

     Hoxe celebramos na aula de 5 anos o cumpleanos de Laura que nos convidou a unha riquísima tarta de chocolate que comimos todiña. Moitas grazas Laura e que cumplas moitos máis!!.


O HOME ORQUESTA.

      Hoxe estivemos no patio dos maiores, para ver a actuación do home orquesta. Que ben o pasamos!! pincha na imaxe para vernos.


miércoles, 14 de mayo de 2014

RESOLVEMOS A 4ª MISIÓN EN 3 ANOS

       Os nenos/as de 3 anos xa resolvemos a nosa misión. Esta vez xogamos na PDI, o que nos axudou moitísimo. Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás vernos.


XOGOS POPULARES.

        Hoxe realizamos os xogos populares no patio de infantil seguindo co programa da conmemoración das letras galegas. Se pinchas na imaxe, levarate ao blog da biblioteca onde nos poderás ver.



martes, 13 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

        No centro estamos conmemorando a semana das Letras Galegas. O luns comezamos realizando un baile da canción "O sol", na biblioteca, para os nosos compañeiros de primaria. E logo vimos tamén as actuacións deles: teatro, bailes, cancións... se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás vernos.



        E hoxe, volvimos á biblioteca, esta vez para realizar unha actividade proposta polo concello: " O tesouro da bruxa Maruxa", que nos encantou!!! Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde nos podes ver.


martes, 6 de mayo de 2014

TRABALLOS 2º TRIMESTRE DE 4 ANOS.

          Aquí vos deixamos unha mostra do moito que traballamos na aula de 4 anos!!! Esperamos que vos guste. Pincha na imaxe para vernos.


CUMPLEANOS DE PAULA

        No mes de abril, celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Paula que nos convidou a un riquísimo biscoito. Moitas grazas Paula.


CUMPLEANOS DE HUGO

          No mes de marzo celebramos o cumpleanos de Hugo na aula de 4 anos. Convidounos a unha tarta moi rica. Moitísimas grazas Hugo!!


miércoles, 30 de abril de 2014

PROXECTO MIRÓ

         Na aula de 3 anos estamos a piques de rematar o noso proxecto. Sentímonos moi contentos/as coas nosas obras de arte por iso queremos compartilas a través do noso blog.
         Esperamos que vos gusten tanto como a nós e que disfrutedes vendo os nosos traballos pois xa somos uns verdadeiros/as artistas!!!
  • Nestas imaxes que aparecen a continuación, pintamos distintos elementos que Miró empregaba nos seus cadros: lúas azuis, soles vermellos, estrelas amarelas, planetas negros, ollos de cores... e decoramos con eles a entrada e o recanto do proxecto.
  • No cadro de "Azul II", primeiro preparamos a pintura e despois cada un pintou con un rodillo a súa cartulina. Deixámola secar  2 días e logo pegamos os gomets. A profe colgou os nosos cadros na entrada. Que chulada!!

  • Tamén coloreamos distintas láminas de Miró empregando diferentes técnicas: ceras duras, pincel, rotuladores, ceras blandas...

  • Entre todos fixemos o mural da obra "el mural de la luna". A profe fixo o debuxo sobre cartón-pluma e nós, por grupos, pintamolos con ceras blandas. O fondo estampámolo con esponxas.
  • Partindo do cadro "autorretrato" fixemos un pequeno puzzle intentando utilizar as mesmas cores que usou Miró.
  • Con rollos de papel de cociña e hixiénico fixemos a escultura "mujer y pájaro".
  • Aqui vos deixamos fotos do recanto do proxecto con todos os nosos traballor rematados!!!
  • E como colofón de este paseo polas obras de Miró, que mellor que un bó retrato de estes pintores e pintoras de tres anos!!!


martes, 29 de abril de 2014

CUMPLEANOS DE DIEGO

         Hoxe celebramos o cumpleanos de Diego na aula de 5 anos. Convidounos a unha riquísima tarta de chocolate que comimos todiña!!! Moitas grazas Diego e que cumplas moitos máis.!