O xoves 27 de marzo, celebramos o día mundial do teatro, na biblioteca. Alí vimos unha representación teatral que nos encantou e que non queríamos que rematara!!! Para ver esta actividade tan divertida pincha na imaxe e levarate ao blog da biblioteca.
miércoles, 2 de abril de 2014
sábado, 29 de marzo de 2014
TREN DA PRIMAVERA.
Xa temos listos os trenes da primavera no colexio. Se pinchas en esta imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás ver o bonitos que están!!.
lunes, 24 de marzo de 2014
CUMPLEANOS DE LORENA
Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Lorena. Convidounos a un riquísimo biscoito con cacao que nos encantou e que comimos todiño!!! Moitas grazas Lorena e que cumplas moitos máis!!.
sábado, 22 de marzo de 2014
INAUGURACIÓN NOVA BIBLIOTECA.
Onte inauguramos a nova biblioteca. Foi unha tarde estupenda, na que vimos o conto de "Nadarín " realizado polos maiores do cole nun teatro de sombras. E tamén comimos chocolate con biscoito que estaba...mmmmm! Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás ver toda a actividade.
LAS DIEZ GALLINAS
Hoxe queremos deixarvos con este conto de "las diez gallinas" de Sylvia Dupois nesta ocasión narrado por Soraya Herráez. É un conto moi sinxelo, con rimas faciliñas e moi comprensible para os nenos/as. De gran sonoridade.
miércoles, 19 de marzo de 2014
CUMPLEANOS DE MONCHO
Hoxe celebramos o cumpleanos de Moncho na aula de 3 anos. Convidounos a un riquísimo biscoito que comimos todiño!!! moitas felicidades Moncho e que cumplas moitos máis!!.
martes, 18 de marzo de 2014
ELEMENTOS DE MIRÓ.
Como xa sabedes na aula de 3 anos estamos a traballar no proxecto de Miró. A este pintor gustábanlle moito certos elementos que repetía constantemente nas súas obras, como por exemplo: ollos, estrelas, soles, lúas, planetas... nós fixemolos á nosa maneira pero fixándonos nas formas e cores que él utilizou. Despois plastificámolas e decoramos a entrada e o noso recanto. Veredes que chuli nos quedaron !!!
lunes, 17 de marzo de 2014
CUMPLEANOS DE HUGO
Hoxe celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Hugo que nos convidou a unha tarta de chocolate. Moitas grazas Hugo e que cumplas moitos máis!!.
CUMPLEANOS DE DARÍO
Na aula de 4 anos celebramos o cumpleanos no mes de febreiro. Dario convidounos a un riquísimo biscoito. Moitas grazas Dario e que cumplas moitos máis!!.
CUMPLEANOS DE NOA
Hoxe celebramos o cumpleanos de Noa na aula de 3 anos que nos convidou a un riquísimo pastel de chocolate cheíño de lacasitos!! Mmmm que rico estaba. Moitas grazas Noa e moitísimas felicidades!!
AZUL II
Os nenos e nenas de tres anos seguimos realizando actividades do noso proxecto Miró. Aquí vos deixamos estes cadros tan bonitos da obra de Miró: "Azul II". Podedes ver como o fixemos: primeiro pintamos con rodillo o fondo e deixamos secar, e despois puxemos os elementos para facer a nosa propia versión do cadro. Esperamos que vos guste!.
domingo, 2 de marzo de 2014
FESTA DE ENTROIDO
O venres pola tarde fixemos a festa do Entroido. Subimos a Primaria e alí comimos orellas e rosquillas e bailamos! Había moitos nenos/as e profes disfrazados. E tamén cantando no karaoke. Foi moi divertido. Se pinchas no seguinte enlace levarate a o blog da biblioteca onde poderás ver esta actividade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








