lunes, 27 de octubre de 2025


24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS 

O pasado venres 24 de outubro fomos invitados por Raiola (a nosa mascota do centro) á acudir á biblioteca para celebrar os día das bibliotecas.




Na invitación que deixou polas aulas presentounos o proxecto, o cal leva como título "Con moito conto" e encomendounos a misión de elaborar un conto durante este curso, o cal pasará a formar parte dos fondos da biblioteca. Deste xeito, o venres despois do patio, fomos todo infantil co resto de alumnado do centro, para presentar cada aula a temática do seu libro.

O alumnado de 3 anos escolleu a temática dos contos clásicos e cantáronnos unha canción con estas personaxes como protagonistas.




Cando foi a quenda dos nenos e nenas de 4 anos, ensináronnos os seus contos favoritos e explicáronnos que o seu produto final vai ser unha "ensalada de contos", mesturando personaxes de diferentes historias.




Por último, os nenos e nenas de 5 anos recitáronnos unha adiviña sobre o tipo de conto que ían a utilizar, aventurándose deste xeito nos cómics.




Para finalizar gozamos dun exquisito biscoito! 



Tocará poñerse mans á obra cos contos entón!





jueves, 23 de octubre de 2025


SANITÍN E A ALIMENTACIÓN SAUDABLE!

No día de hoxe visitáronnos dúas integrantes do programa "Cores" (consumo responsable), un programa de formación permanente da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego de Consumo e Competencia.

Deste xeito, comezamos o obradoiro coñecendo  á mascota "Sanitín" que nos axudou a clasificar os alimentos en "saudables" e "non saudables".






Logo de coñecer a pirámide alimenticia, tivemos unha misión: axudarlle á María a elaborar a súa cena, tendo en conta  que os alimentos que escollésemos deberían ser saudables. Puxémonos man á obra e saíron pratos moi apetecibles!















Agora xa temos claro cales son aqueles alimentos máis saudables para nós e poñerémolo en práctica no noso día a día! 

Gozamos moito desta esperiencia!

martes, 23 de septiembre de 2025

CUMPLEANOS DE TAHIEL

 A semana pasada na clase de 5º de Educación Infantil celebramos o cumple de Tahiel.

Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Tahiel convidou os seus compañeiros/as cunha tarta decorada con moitos dinosaurios, que estaba deliciosa, riquísima.

Tamén degustaron zumes de piña e melocotón.Encantáronlles!!!

Moitas grazas Tahiel e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!!































CURSO 2025-2026

 

Benvidos e benvidas ao blogue dos nenos e nenas de infantil do CEIP de Curtis.

Comezamos este curso 2025-2026 con moita ilusión e ganas de aprender. As mestras de educación infantil desexamos que sexa un curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes. 

Aquí iremos compartindo ao longo destes meses acontecementos destacados, rechamantes e tamén inesperados do día a día das nosas tres aulas. 

Estade moi atent@s e...


Que comece a aventura!



miércoles, 25 de junio de 2025

VACACIÓNS DE VERÁN 2025

Pasado este curso escolar onde traballamos moito en diversas actividades, aprendimos cousas novas, xogamos e experimentamos novas emocións, chegamos ao verán con moita ilusión.Tempo de descanso e lecer. 

Despedimos aos nosos compañeiros/as de 6º de E. Infantil, que xa pasan a primaria, desexándolles moita sorte na nova etapa.

Felices vacacións a todos os nenos/as de E.Infantil e as súas familias.

Agradecer ás familias a súa colaboración ao longo do curso.Moitas grazas.


                 FELICES VACACIÓNS!!!


As profes de Educación Infantil.Un saúdo.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓN

O día 20 de xuño celebramos o FESTIVAL de fin de curso e a GRADUACIÓN  dos nenos/as de 6º de Educación Infantil, no edificio de usos múltiples do concello.Os nenos/as de E. Infantil participaron cantando e bailando a canción "POUSA" de Uxía Lambona. Recitaron tamén un poema de despedida.

Seguidamente:

INFANTIL E 1º e 2º DE PRIMARIA

Song: "The weels on the bus"

Posteriormente fíxose a entrega de orlas e diplomas aos nenos/as de 6º de E. Infantil, por parte da directora do centro e da súa titora.
















FIN DE CURSO

 Rematamos o noso proxecto deste curso escolar "GALICIA SOMOS NÓS" con estas fotos de grupo.Esperamos que vos gusten:












lunes, 23 de junio de 2025

CUMPLEANOS DE IZAN

O pasado día 18 de xuño na clase de 3 e 4 anos, celebramos o cumple de Izan.

Izan cumple os anos no mes de agosto, pero quixo celebralo cos seus compañeiros/as de clase antes de rematar o curso.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Izan convidounos cun riquísimo biscoito.Estaba delicioso!!!Tamén agasallou os seus compañeiros/as cunhas bolsas de chuches.

Moitas grazas Izan e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES!!!