lunes, 8 de julio de 2024

VACACIÓNS DE VERÁN 2024

Despois dun curso de moitas actividades e emocións, chegaron as vacacións de verán, un tempo de descanso e lecer.Despedimos aos nenos/as de 6º de E.Infantil, que xa pasan a primaria, desexándolles moita sorte na nova etapa.

Felices vacacións a todos os nenos/as de E.Infantil e as súas familias.Agradecer ás familias a súa colaboración ao longo do curso.Moitas grazas.

FELICES VACACIÓNS!!!

As profes de E. Infantil. Un saúdo. 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

 O día 21 de xuño celebramos o Festival de fin de curso e a Graduación dos nenos/as de 6º de Educación Infantil no edificio de usos múltiples do concello.Os nenos/as de E. Infantil participaron cantando e bailando dúas cancións:

"Varre vasoira" e a canción de inglés "Il you're happy".Posteriormente fíxose a entrega de orlas e diplomas aos nenos/as de 6º de E.Infantil, por parte da directora do centro e da súa titora.

Estas son as fotos do momento: