domingo, 25 de enero de 2026

CUMPLEANOS DE JULIETA

O día 22 de xaneiro na clase de 5º de E.Infantil celebramos o cumple de Julieta.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Julieta convidou os seus compañeiros/as cunha riquísima tarta que fixo coa súa mamá.Estaba riquísima!!

Tamén agasallou os seus compañeiros cunhas chuches.

Moitas grazas Julieta e que cumplas moitas máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!! 




























lunes, 29 de diciembre de 2025

VISITA DE PAPÁ NOEL


O xoves 18 de decembro tivemos unha visita moi especial: Papá Noel. Foi unha gran sorpresa!
Fixémoslle unha morea de preguntas e aproveitamos a ocasión para entregarlle as cartas coas nosas peticións. A ver se non perde ningunha!







Logo agasallounos cun pequeno detalle de nadal e cuns caramelos.









Moitas grazas Papá Noel! Este ano fomos moi bos! Esperamos a túa visita o ano que ven!

domingo, 28 de diciembre de 2025

CUMPLE MANUEL

 O 17  de decembro na clase de 4º de Educación Infantil celebramos o aniversario de Manuel. Xa cumpleu 3 anos, que maior! a súa nai tróuxonos un biscoito que estaba riquísimo! soprou a vela do número 3 e cantamos o cumpleanos feliz. 

Moitas grazas Manuel! e que cumplas moitos máis!









sábado, 27 de diciembre de 2025

OBRADOIRO DE DECEMBRO GALLETAS DE NADAL




O último dos obradoiros do trimestre onde participamos todos os cursos de infantil tivo como protagonistas as galletas de Nadal. Á primeira hora da mañá puxémonos mans á obra: repasamos os ingredientes e comezamos a facer a masa. Logo coa axuda duns moldes os nenos e nenas fixeron as galletas.



Máis tarde, levámolas á cociña do centro onde as cociñeiras Conchi e Trini tiñan o forno listo para facelas. Moitas grazas pola vosa colaboración!

Á hora da merenda estaban listas para degustalas. Estaban deliciosas! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo onde podedes ver o resultado!





ANIVERSARIO DE IYAD


O pasado venres 12 de decembro celebramos na aula de 5 anos o aniversario de Iyad. Na hora da merenda soprou a vela dos 6 anos e compartiu con todos nós lambetadas.





Pasámolo moi ben! Moitos parabéns Iyad!

martes, 23 de diciembre de 2025

CUMPLEANOS DE JORGE

O día 17 de decembro na clase de 5º de Educación Infantil celebramos o cumple de Jorge. Cumple os anos a finais de ano, pero quixo celebralo cos seus compañeiros/as de clase antes de rematar o ano.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Convidou os seus compañeiros/as a unha enorme tarta que fixo a súa mamá. Jorge tamén axudou na súa elaboración.

Estaba riquísima!!Tamén agasallou os seus compañeiros cunhas bolsas  de doces de Nadal.

Quixo convidar tamén os nenos e nenas da clase de 4º e 6º de E. Infantil.

Moitas grazas Jorge e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES!!!































sábado, 6 de diciembre de 2025

OBRADOIRO DE OUTONO


A semana pasada tivemos o obradoiro mensual onde nos xuntamos os nenos e nenas de todo o ciclo. Nesta ocasión, tiña como temática o outono. Comezámolo visionando o conto de "El ladrón de hojas" para despois poñernos mans á obra.




Aproveitando que durante estes meses o alumnado trouxo elementos característicos da estación, decidimos elaborar unha manualidade dun caracol, utilizando as castañas que tiñamos. Como podedes ver, estamos feitos uns artistas!














Esperando con ganas o obradoiro do mes de decembro! Que será?😏