O venres 24 celebramos a festa do entroido no noso cole.
Todos ibamos disfrazados de algo relacionado co mar.Non se sabía cal era o mellor!!!
Primeiro fixemos unha pequena festa degustando filloas,orellas e rosquillas.
Despois subimos ao patio de primaria e recitamos poesías de Rosalía de Castro.
Por último,saímos á rúa para facer o desfile.Moitos pais,amigos,veciños...nos acompañaron durante o paseo.
Foi un día fantástico!!!!
martes, 28 de febrero de 2017
miércoles, 22 de febrero de 2017
VISITA DE CRISTINA
O 21 de febreiro visitounos Cristina Seijas Sanfiz,unha profe de Lugo que escribiu varios libros para nenos e nenas de 2 a 6 anos.
Os alumnos de 1º acompañáronnos á biblioteca e alí contounos o conto de "ALEJO EL CONEJO".
Trátase dun libro de varios capítulos para traballar distintos valores.
Regalounos un marcador para os libros que nos encantou!!!
Moitíiiiisimas grazas Cristina,esperamos volver a verte con máis contos.
Os alumnos de 1º acompañáronnos á biblioteca e alí contounos o conto de "ALEJO EL CONEJO".
Trátase dun libro de varios capítulos para traballar distintos valores.
Regalounos un marcador para os libros que nos encantou!!!
Moitíiiiisimas grazas Cristina,esperamos volver a verte con máis contos.
lunes, 20 de febrero de 2017
CUMPREANOS DE ANTÓN
O 14 de febreiro, na clase de 5 anos celebramos o cumpre de Antón.
Trouxo unha tarta que estaba boíiiiiisima e ademáis moi ben decorada cunha oblea na que aparecía
a patrulla canina.Estaba rechea de chocolate e nata e case todos repetimos porque somos moi larpeiros.
Convidamos aos nosos compañeiros de 3 e 4 anos e tamén lles gustou moito.
Para rematar,regaloulle aos seus compañeiros de curso un paquetiño de pastillas de caramelos.
Moitas grazas Antón e que cumpras moitos máis!!!
CUMPLEANOS DE MENCÍA EN 3 ANOS
O venres 17 de febreiro na clase de 3 anos celebramos o
cumple de Mencía que xa ten 4 anos. Pasámolo moi ben e comemos un biscoito de
chocolate boísimo que trouxo a súa mamá, ademais tamén nos regalou a cada un
unha galleta que decorou ela soliña.
Moitísimas felicidades Mencía e que cumpras moitos máis.
martes, 31 de enero de 2017
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ
O día 30 de decembro celebramos no cole o Día da Paz, foi moi divertido. Xuntámonos todos os nenos e nenas do cole no patio de arriba e fixemos dúas rodas, a pequeniña que era a dos alumnos de Infantil e a grande a dos alumnos de Primaria. Nos como éramos os pequeniños estábamos dentro da roda grande e todos xuntos agarrados das maos, demos voltas e bailamos dúas cancións, a primeira a de Gotas de auga de Macaco e a segunda O Rap da Paz que compuxeron os alumnos máis maiores ca axuda de Xan, o profe de música.
Pasámolo moi moi ben ademais de aprender e valorar o importante que é levarnos ben, respectar as diferenzas e axudarnos e apoiarnos.
Pasámolo moi moi ben ademais de aprender e valorar o importante que é levarnos ben, respectar as diferenzas e axudarnos e apoiarnos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)