lunes, 18 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


 Durante esta semana fixéronse distintas actividades no centro.Os nenos-as de infantil tamén quixemos participar.
 O venres 8,visitounos Ánxeles Penas.
 O luns 11 pola tarde disfrutamos no noso patio con xogos populares.
 O martes 12, houbo unha actividade do concello na que participamos cantando e bailando.
 O venres 15,tivemos un taller de música con material de refugallo que nos fascinou.

    Deixámosvos unhas fotos das actividades.
 
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design personalized with Smilebox
idades.

DÍA DA FAMILIA


 O 15 de maio foi o día da familia.Nós quixemos facer un detalliño para as nosas e puxémonos a traballar.
 Para que vexades o noso agasallo deixámosvos unhas fotos.
 Que contentas e contentos nos puxemos cando vimos o resultado.

                                   ENCANTOUNOS!!!




lunes, 11 de mayo de 2015

VISITA DE ÁNXELES PENAS

 O venres día 8,veunos visitar ao cole Ánxeles Penas.Trouxo moitas  láminas feitas con distintas técnicas,totems e diversos libros escritos por ela.Falounos sobre algunhas das súas obras,explicounos como as fixera e o que significaban.
 Nós amosámoslle os tótems que fixemos e encantáronlle.

 Moitas grazas Ánxeles por acompañarnos esta tarde.Gustounos moito a túa visita.

A continuación podedes ver as fotos do tótem de infantil,así como da xuntanza na biblioteca coa artista.

        CÓMO NOS 
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free picture slideshow by Smilebox
 O NOSO TÓTEM!!!!

miércoles, 29 de abril de 2015

A PRIMAVERA EN INFANTIL


Coa primavera e a pascua a escola floreceu, que bonita está agora, que cálida  e canta cor!!!

Recortamos moitas flores e pintamos as macetas,engalanamos as portas que quedaron moi coquetas.








ARTISTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL


Partindo do proxecto "Curtis e a súa contorna"estivemos vendo cadros da pintora curtiense María Antonia Dans.Tanto nos gustou a súa obra que decidimos pintar algúns cadros e expoñelos nas nosas aulas.Como nos quedaron tan bonitos levámolos a primaria para que toda a comunidade escolar e todas as persoas que quixeran, poidesen  disfrutar das nosas obras de arte .A continuación deixámosvos unhas fotos para recrear a vista.


   ESPEREMOS QUE VOS GUSTEN!!!!









CUMPLEANOS DE PAULA

O mércores 29 de abril celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Paula. Convidounos cun riquísimo biscoito redondo, decorado con moitísimas gominolas variadas e con merengue.
Compartímola tamén cos compañeiros da outra clase de 3 e 4 anos.
Que boísimo estaba o biscoito!!!
Pasámolo moi ben porque ademais Paula regaloulles os seus compañeiros/as globos e caramelos.
Moitas grazas Paula e que cumplas moitos máis.





lunes, 27 de abril de 2015

VISITA DUN COLE AMIGO

 O día 23 de abril recibimos no noso cole aos nenos-as de educación infantil de Teixeiro.
Enseñámoslles a exposición de María Antonia Dans ,logo fomos a biblioteca e alí coñeceron a Pepiño, unha marioneta moi simpática.Escoitamos o conto titulado "El ratoncito valiente" .Cómo nos gustou!!!Despois as profes de infantil de Curtis regaláronnos un marcapáxinas no que aparecía o ratiño do conto.Desta forma celebramos o día do libro cunha fermosísima lectura que remata coa amistade entre un lobo e un ratiño.
Os nenos de Teixeiro( os de 5 anos) recitaron unha poesía e fixeron un baile.Despois bailamos todos xuntos.Tras tanta troula repuxemos forzas cunha rica merenda e xogamos no patio.

       FOI  UN  DÍA  ESTUPENDO!!!!!!

A continuación deixámosvos unhas fotos desta xornada
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another picture slideshow by Smilebox
especial.

domingo, 12 de abril de 2015

CUMPLEANOS DE RAÚL

O martes 7 de abril celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Raúl.Convidounos cunha riquísima tarta de galletas e chocolate, adornada con gominolas variadas.
Compartímola tamén cos compañeiros da outra clase de 3 e 4 anos.
Pasámolo moi ben!!! Que boísima estaba a tarta!!!
Moitas grazas Raúl e que cumplas moitos máis.
.



martes, 31 de marzo de 2015

FELICES PASCUAS!!!


Neste 2º trimestre traballamos moito.Estamos a piques de rematar o proxecto sobre" O noso corpo",participamos no proxecto "Curtis e a súa contorna" que se está facendo a nivel de centro, ademáis de actividades de lapis e papel.E como non!!! nestas datas non podiamos esquecernos  dos coelliños de pascua que tanto nos gustan.Dentro levaban bombóns de chocolate e pitiños de nubes.
Que riquísimos estaban!!!

Deixámosvos unhas fotos para que os vexades.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow made with Smilebox


FELICES VACACIÓNS!!!

lunes, 23 de marzo de 2015

CUMPLEANOS DE IKER


O LUNS 23 DE MARZO,CELEBRAMOS NA AULA DE 3 E 4 ANOS O CUMPLE DE IKER.
CONVIDOUNOS CUN BISCOITO CHEIÑO DE LACASITOS.COMPARTÍMOLO COS NENOS-AS DA OUTRA AULA.
ESTABA DELICIOSOOOO!!!!
MOITAS GRAZAS IKER E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS.




viernes, 20 de marzo de 2015

CUMPLEANOS DE HUGO



O XOVES 19 DE MARZO,CELEBRAMOS NA AULA DE 3 E 4 ANOS O CUMPLE DE
HUGO.CONVIDOUNOS CUN RIQUÍSIMO BISCOITO ADORNADO CON MERENGUE,
CEREIXAS,OVOS PEQUENIÑOS DE CHOCOLATE E UNHA GRAN OBLEA NA QUE ESTABA DEBUXADO MICKEY.COMPARTÍMOLO COS COMPAÑEIROS DA OUTRA CLASE.
QUE BOÍSIMO ESTABA!!!MOITAS GRAZAS HUGO E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS.




miércoles, 18 de marzo de 2015

CUMPLEANOS DE MONCHO

O mércores 18 de marzo celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Moncho.
Convidounos cun riquísimo e delicioso biscoito de chocolate e nata.
Estaba riquísimo !!!
Rímonos moito e pasámolo moi ben!!!
Moitas grazas Moncho e que cumplas moitos máis!!!