miércoles, 15 de enero de 2025

CUMPLE DE SAÚL

  O xoves día 9 de xaneiro  na aula de 6º de infantil, celebramos o cumple de Saúl.

Cumpreu 6 anos!!! Que maior !!! Soprou as velas e cantámoslle o cumpleanos feliz.

A súa mamá fíxonos uns biscoitos riquísimos e non quedou nada! Convidamos aos nenos-as de 3 e 4 anos

e encantoulles o doce.

Moitas felicidades  Saúl e que cumpras moitos máis!!!








martes, 31 de diciembre de 2024

FESTIVAL DE NADAL

 O día 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal no salón de usos múltiples de Curtis.Os nenos/as de Educación Infantil participamos coa actuación "CANDO É NADAL".Fixémolo moi ben e pasámolo xenial.Boas Festas para todos/as e Feliz Ano 2025!!!




O APALPADOR NO COLEXIO DE CURTIS.

 O día 19 de decembro os nenos/as de E.Infantil recibimos a visita do Apalpador.Todos estábamos moi ilusionados coa súa chegada.Fixo unha longa viaxe dende os montes de O Caurel en Lugo.Contounos moitas cousas da súa vida e por portarnos ben e traballar moito, deixounos uns bonitos agasallos e caramelos.Disfrutamos moito desta visita.

Moitas grazas Apalpador e ata pronto!!















jueves, 26 de diciembre de 2024

CUMPLEANOS DE JORGE

O mércores 18 de decembro na clase de 3 e 4 anos, celebramos de forma anticipada o cumple de Jorge.Quixo compartir esta data tan importante cos seus compañeiros/as antes de rematar o ano.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Convidounos cun riquísimo biscoito que estaba delicioso.Tamén agasallou os seus compañeiros/as, cunhas galletas de Nadal feitas por Jorge e a súa nai.

Moitas grazas Jorge e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES!!!



































sábado, 14 de diciembre de 2024

SAÍDA DIDÁCTICA A BETANZOS

 O pasado día 11 de decembro os alumnos/as de E. Infantil visitamos o Belén de Betanzos.Gustounos moitísimo !!!Despois merendamos e xogamos no parque de bolas.

Pasámolo moi ben.Estas son algunhas das fotos da saída:

























domingo, 8 de diciembre de 2024

CUMPLE DE VALENTINO

 O xoves día 5 de decembro na aula de 5 anos celebramos o cumple de Valentino.Xa ten 5 anos !

Que maior!!! Cantamos o cumpleanos feliz  e soprou  a súa vela.

A súa mamá trouxonos un biscoito riquísimoooo! Pasámolo moi ben.

Moitas grazas Valentino e que cumplas moitos máis.









jueves, 14 de noviembre de 2024

CUMPLE DE SAMUEL

 O luns 11 de novembro na aula de 6º de infantil celebramos o cumple de Samuel.Xa cumpreu 5 anos.

Que maior!!!

Cantámoslle o Cumpreanos Feliz e soprou as 5 velas.

Agasallounos cunhas bolsiñas cheas de chuches que estaban riquísimas.

Moitas grazas Samu e que cumpras moitos máis!









martes, 12 de noviembre de 2024

CELEBRACIÓN NA BIBLIOTECA

 O día 24 de outubro celebrouse o "Día das bibliotecas escolares ".Por este motivo os nenos/as de Educación Infantil visitamos a biblioteca do noso centro.Os alumnos/as de 4º e 5º de Educación Infantil foron disfrazados de homes e mulleres do Paleolítico.Os alumnos/as de 6º de Educación Infantil disfrazáronse de castrexos. Cada clase explicou brevemente os diversos contidos do proxecto que traballarán ao longo do curso.A clase de 4º e 5º de E.Infantil investigará sobre o Paleolítico.A clase de 6º de E. Infantil investigará sobre o Neolítico.

A visita rematou coa degustación dun rico biscoito.Estas son algunhas das fotos.