jueves, 13 de abril de 2023

CUMPLEANOS DE ADRIÁN

 O mércores 12 de abril na clase de infantil de 5 anos, celebramos o cumple de Adrián. Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo xenial. Convidounos cunhas riquísimas bolsas de chuches que estaban boísimas.

Moitas grazas Adrián e que cumplas moitos máis !!!

MOITAS FELICIDADES!!!











martes, 11 de abril de 2023

CUMPLEANOS DE FRANCISCO

 Hoxe, 11 de Abril de 2023, celebramos o cumple de Fran na  aula de 5º de Educación Infantil. Cumple 5 anos, qué maior!!

Para celebralo, cantamos a canción "Cumpleaños feliz" e sopramos a veliña co número 5. 

Fran agasallounos cunha tarta da Patrulla Canina e cunha bolsa de chuches para cada nen@. Estaba todo moi bo.

Moitas grazas, Fran e moitas felicidades.

Unha aperta dos compañeiros/as e da túa profe.
















viernes, 3 de marzo de 2023

CUMPLEANOS DE SAÚL

Hoxe 3 de marzo na clase de infantil de 5 anos celebramos o cumple de Saúl.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo xenial.
Convidounos cunhas bolsas de chuches que estaban riquísimas.
Moitas grazas Saúl e que cumplas moitos máis!!!
MOITAS FELICIDADES!!!












miércoles, 22 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

 Este ano na semana do Entroido pasamos catro días moi divertidos, cos mandados do meco.

O día 17 realizamos o tradicional desfile polas rúas do pobo de Curtis.

Os nenos/as de Educación Infantil foron disfrazados de astronautas, tendo en conta o noso proxecto " OS INVENTOS ".

Pasámolo moi ben.Estas son algunhas das fotos :










lunes, 6 de febrero de 2023

CUMPLE DE LUCAS

 Hoxe, día 6 de Febreiro, celebramos o cumpleanos de LUCAS na aula de 5º de Educación Infantil. 

Cumpliu 5 anos: xa é maior!!

Tróuxonos un biscoito moi feitiño con adornos de dinosaurios, un volcán e lacasitos. Estaba moi bo. 

E tamén agasallou aos compañeir@s cunha bolsiña moi chula que contiña moitas cousas: chuches, plastilina, unha pulseria, purpurina, un avión para montar, etc.

Moitas grazas, Lucas! Parabéns polos teus 5 anos!!

Unha aperta moi grande dos compañeiros/as e da túa profe.