martes, 8 de noviembre de 2022

SAÍDA DIDÁCTICA AO MUNCYT

 O día 3 de novembro realizamos unha saída A CORUÑA para visitar o MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ).Visitamos varias salas do museo, onde descubrimos obxectos e inventos moi curiosos que nos gustaron moito.Aprendimos moitas cousas que non sabíamos.Antes de regresar ao cole merendamos nunha sala do museo.

Pasámolo moi ben.Estas son algunhas das fotos que fixemos, esperamos que vos gusten :























miércoles, 2 de noviembre de 2022

CUMPLEANOS DE IRIA NOYA

 O mércores 2 de novembro celebramos o cumple de Iría Noya, na clase de 5 anos.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Convidounos cuns paquetiños sorpresa con etiquetas, cos nomes dos seus compañeiros/as .No interior tiñan unhas riquísimas magdalenas.Que ricas!

Moitas grazas Iría e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!!










lunes, 31 de octubre de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO

 O día 28 de outubro conmemoramos no cole "O MAGOSTO E O SAMAÍN ".Xuntámonos todos os nenos/as do colexio no patio de primaria , onde degustamos castañas e bebimos refrescos.Contamos coa colaboración da ANPA.

Despois da merenda, realizáronse diversos xogos populares.Os nenos/as que quixeron viñeron disfrazados, tendo en conta a festa do samaín.

Pasámolo xenial !!!













" DÍA DA BIBLIOTECA "

O día 24 de outubro subimos á biblioteca do centro, para celebrar "O DÍA DA BIBLIOTECA "

e inaugurar o noso proxecto "OS INVENTOS ".Cantamos unha canción entre todos os nenos/as do cole e pasámolo moi ben.Para rematar este bonito acto, degustamos un delicioso tren feito con biscoitos, lembrando así a importancia deste invento no pobo de Curtis.








jueves, 13 de octubre de 2022

CUMPLEANOS DE LEO

 O martes 11 de outubro,na clase de 3 anos celebramos o cumple de Leo.Xa cumpliu 3 aniños!!!

Convidounos cun biscoito que estaba riquísimooo!E tamén trouxo un paquetiño de chuches para cada un.

Cantamos o cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Moitísimas grazas Leo e que cumplas moitos máis!


 







viernes, 7 de octubre de 2022

CUMPLEANOS DE GRETA

 Este venres, 7 de outubro, celebramos o cumpleanos de Greta na clase de 4 anos.

Tróuxonos chuches para tod@s e cantamos a canción de "Cumpleaños feliz".

Pasámolo súper ben!!

Moitas grazas, Greta e moitas felicidades.

Biquiños dos compañeir@s e da túa profe.