martes, 8 de noviembre de 2022

SAÍDA DIDÁCTICA AO MUNCYT

 O día 3 de novembro realizamos unha saída A CORUÑA para visitar o MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ).Visitamos varias salas do museo, onde descubrimos obxectos e inventos moi curiosos que nos gustaron moito.Aprendimos moitas cousas que non sabíamos.Antes de regresar ao cole merendamos nunha sala do museo.

Pasámolo moi ben.Estas son algunhas das fotos que fixemos, esperamos que vos gusten :























miércoles, 2 de noviembre de 2022

CUMPLEANOS DE IRIA NOYA

 O mércores 2 de novembro celebramos o cumple de Iría Noya, na clase de 5 anos.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Convidounos cuns paquetiños sorpresa con etiquetas, cos nomes dos seus compañeiros/as .No interior tiñan unhas riquísimas magdalenas.Que ricas!

Moitas grazas Iría e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!!










lunes, 31 de octubre de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO

 O día 28 de outubro conmemoramos no cole "O MAGOSTO E O SAMAÍN ".Xuntámonos todos os nenos/as do colexio no patio de primaria , onde degustamos castañas e bebimos refrescos.Contamos coa colaboración da ANPA.

Despois da merenda, realizáronse diversos xogos populares.Os nenos/as que quixeron viñeron disfrazados, tendo en conta a festa do samaín.

Pasámolo xenial !!!













" DÍA DA BIBLIOTECA "

O día 24 de outubro subimos á biblioteca do centro, para celebrar "O DÍA DA BIBLIOTECA "

e inaugurar o noso proxecto "OS INVENTOS ".Cantamos unha canción entre todos os nenos/as do cole e pasámolo moi ben.Para rematar este bonito acto, degustamos un delicioso tren feito con biscoitos, lembrando así a importancia deste invento no pobo de Curtis.








jueves, 13 de octubre de 2022

CUMPLEANOS DE LEO

 O martes 11 de outubro,na clase de 3 anos celebramos o cumple de Leo.Xa cumpliu 3 aniños!!!

Convidounos cun biscoito que estaba riquísimooo!E tamén trouxo un paquetiño de chuches para cada un.

Cantamos o cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Moitísimas grazas Leo e que cumplas moitos máis!


 







viernes, 7 de octubre de 2022

CUMPLEANOS DE GRETA

 Este venres, 7 de outubro, celebramos o cumpleanos de Greta na clase de 4 anos.

Tróuxonos chuches para tod@s e cantamos a canción de "Cumpleaños feliz".

Pasámolo súper ben!!

Moitas grazas, Greta e moitas felicidades.

Biquiños dos compañeir@s e da túa profe.










viernes, 23 de septiembre de 2022

CUMPLEANOS DE IKER

 Hoxe, día 23 de setembro, celebramos o cumple de IKER na aula de 4 anos. 

Tróuxonos un biscoito e chuches para tod@s. Estaba moi bo!

Pasámolo moi ben.

Moitas grazas, Iker e moitas felicidades!!

Biquiños dos compañeir@s e da túa profe.











lunes, 12 de septiembre de 2022

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2022-2023

 Comezamos un novo curso cheo de ilusións e as profes queremos dar  a benvida a todos os nenos/as de Educación Infantil, especialmente aos de 3 anos, desexándolles unha adaptación rápida e agradable.

Neste curso escolar ímolo pasar moi ben, imos xogar e aprender moitas cousas.

Traballaremos nun novo proxecto a nivel de centro titulado "OS INVENTOS".

Esperamos que vos guste!!!

sábado, 9 de julio de 2022

VACACIÓNS 2022

Rematamos un curso no que traballamos moito e aprendemos moitas cousas.Agora é o momento de descansar e pasalo ben coas nosas familias.
Despedimos os nenos/as de 5 anos, desexándolles moita sorte na súa nova etapa de primaria.
O equipo de Educación Infantil quere desesarvos unhas felices vacacións.

                                                                   Un saúdo