martes, 3 de noviembre de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA

  O 23 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA e os nenos-as de infantil tamén quixemos participar recomendando a lectura de distintos libros.Deixámosvos a continuación unhas fotos dos debuxos das portadas que fixemos dos libros que máis nos gustaron.




viernes, 23 de octubre de 2015

SAÍDA Ó CIRCO!!!


Benvidos a todos-as!!!

Esperamos que este novo curso 2015-16 traiamos as pilas cargadas para empezar con moitas ganas.
Os pequeniños de 3 anos xa están tranquilos e os de 4 e 5 dispostos a pasalo moi ben e a aprender cousas novas.
Como xa sabedes estamos empezando un proxecto sobre o circo no que participaremos todo o cole.
Tivemos a gran sorte de que viñese o circo Vienna a Curtis e aproveitamos a ocasión para visitalo e
coñecelo de cerca.Dous nenos deste circo escolarizáronse no noso cole, Cristian en infantil de 5 anos
e Michelle en 3º de primaria.Ainda que estiveron poucos días disfrutamos moito con eles.Foi unha
experiencia moi bonita e gratificante.
A continuación deixámosvos unhas fotos da visita ó circo.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design personalized with Smilebox

viernes, 3 de julio de 2015

O NOSO CORPO

No segundo trimestre todo infantil investigamos sobre " O noso corpo ". Trouxemos da casa diversa información e tamén da biblioteca de aula e do centro. Creamos os recunchos do proxecto nas duas aulas e puxémonos a traballar.
Medímonos, pesámonos, fixemos fichas, recitamos poesías, coloreamos, cantamos cancións, fixemos puzzles, buscamos información en internet...
A mamá de Alba que é enfermeira veu  a visitarnos e trouxo unha caixa cheiña de ósos de madeira  (igualiños cós que temos no corpo) para explicarnos como eran, os seus nomes,...Aprendimos moitísimo e pasámolo moi ben.Puxemos luvas e manipulamos os ósos do craneo, dos brazos, das pernas,da espalda...

           MOITAS GRAZAS EVA POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!!!

Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración por aportar diversos materiais.
A continuación deixámosvos unhas fotos
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow generated with Smilebox
proxecto.

jueves, 2 de julio de 2015

CUMPLEANOS DE SERGIO E PEDRO


 O xoves 18 de xuño estiveron de cumple Sergio e Pedro. Trouxeron dous biscoitos riquíiiiisimos e nós como somos tan larpeiros-as  non deixamos nin unha migalla.
 Moitas felicidades para Sergio e Pedro e que cumplades moitos  máis.






miércoles, 17 de junio de 2015

CUMPLEANOS DE JUAN


  O venres 19de xuño, celebramos o cumple de Juan.A súa nai
fíxolle unhas galletas riquíiiisimas bañadas con chocolate negro e blanco.Viñan nunhas bolsiñas que lle fixo a mamá e tamén traían
dentro unha piruleta e pitillos de chocolate.
  A todos-as nos encantou o teu agasallo.
  Moitas felicidades Juan e que cumplas moitos máis.





lunes, 15 de junio de 2015

CUMPLEANOS DE VERA

O luns 15 de xuño celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Vera.
Convidounos cun riquísimo biscoito rectangular decorado co nome de Vera, 6 velas e unha figura preciosísima de Pepa Pig. Estaba boísimo!!! Riquísimo!!!
Tamén convidou os seus compañeiros cunhas riquísimas piruletas de galleta coa cara de Hello Kitty e tamén unhas riquísimas galletiñas redondas.Que bonitas e que deliciosas estaban!!!
Moitas grazas Vera e que cumplas moitos máis!!!




martes, 9 de junio de 2015

CUMPLEANOS DE LUCAS

O luns 8 de xuño celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Lucas. Convidounos cun riquísimo biscoito redondo.
Compartímolo tamén cos nosos compañeiros da outra clase de 3 e 4 anos.
Que riquísimo estaba o biscoito!!!Encantounos.
Pasámolo moi ben, xenial!!!
Moitas grazas Lucas e que cumplas moitos máis.




viernes, 5 de junio de 2015

CUMPLE DE PAULA


 O xoves 4 de xuño, celebramos o cumple de Paula.A súa nai fíxolle unha tarta con forma de corazón adornada con chocolate e fideos de colores.Tamén lle puxo as letras do seu nome.Que bonita quedou
e que ricaaaaa!!!
 Despois invitamos aos nenos-as da outra clase e encantoulles.
 Moitas grazas Paula e que cumplas moitos máis.
 Moitas grazas tamén polos detalliños que trouxeches aos teus compañeiros.





miércoles, 3 de junio de 2015

SAÍDA A TEIXEIRO

 
   O venres,29 fixemos unha saida a Teixeiro.Vimos a árbore da Nosa Señora, o centro etnográfico do río Mandeo onde nos proxectaron unha película de 6 minutos sobre a nosa comarca.Tamén vimos castros e o campamento da Ciadella nunhas pantallas,  mentras nos explicaban como foran construidos.E fixemos algo moi importante: todos-as deixamos escritos os nosos nomes no libro de visitas.
  Por último visitamos aos nosos compañeiros de educación infantil de Teixeiro.Convidáronnos cun riquísimo biscoito de iogur,galletas,chocolatinas e zume.Que boísimo estaba todoooo!!!Despois ensináronnos un video coas distintas actividades que fixeron ao longo do curso, e por último fixémonos fotos.

                       FOI  UN  DÍA  ESTUPENDO !!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow created with Smilebox

lunes, 18 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


 Durante esta semana fixéronse distintas actividades no centro.Os nenos-as de infantil tamén quixemos participar.
 O venres 8,visitounos Ánxeles Penas.
 O luns 11 pola tarde disfrutamos no noso patio con xogos populares.
 O martes 12, houbo unha actividade do concello na que participamos cantando e bailando.
 O venres 15,tivemos un taller de música con material de refugallo que nos fascinou.

    Deixámosvos unhas fotos das actividades.
 
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design personalized with Smilebox
idades.

DÍA DA FAMILIA


 O 15 de maio foi o día da familia.Nós quixemos facer un detalliño para as nosas e puxémonos a traballar.
 Para que vexades o noso agasallo deixámosvos unhas fotos.
 Que contentas e contentos nos puxemos cando vimos o resultado.

                                   ENCANTOUNOS!!!




lunes, 11 de mayo de 2015

VISITA DE ÁNXELES PENAS

 O venres día 8,veunos visitar ao cole Ánxeles Penas.Trouxo moitas  láminas feitas con distintas técnicas,totems e diversos libros escritos por ela.Falounos sobre algunhas das súas obras,explicounos como as fixera e o que significaban.
 Nós amosámoslle os tótems que fixemos e encantáronlle.

 Moitas grazas Ánxeles por acompañarnos esta tarde.Gustounos moito a túa visita.

A continuación podedes ver as fotos do tótem de infantil,así como da xuntanza na biblioteca coa artista.

        CÓMO NOS 
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free picture slideshow by Smilebox
 O NOSO TÓTEM!!!!