martes, 2 de diciembre de 2025

 SAÍDA Á CORUÑA

O pasado mércores 26 de novembro todo o ciclo de infantil fixemos unha saída á biblioteca pública Miguel González Garcés de A Coruña. Comezamos a visita no salón de actos, onde Elena e Eugenio nos explicaron como funciona o sistema de préstamo da biblioteca, que pasos temos que seguir para crear o noso carné ou mesmo nos ensinaron diferentes tipos de libros que teñen na biblioteca e que podemos levar á casa.





Logo dirixímonos á sala infantil onde nos estaba esperando Sara, e que nos entretivo cunha sesión de contacontos a partires do álbum ilustrado de "Garavanciño".






Cando rematamos tivemos un momento de exploración libre pola zona infantil onde puidemos visulizar diferentes contos.














Non marchamos da biblioteca sen antes tomar a merenda e coller forzas para a volta ao cole! Foi unha saída moi enriquecedora, enmarcada dentro do porxecto anual de centro e na que o alumnado gozou moito!



Moitas grazas a Elena, Eugenio e Sara por esta mañá tan entretida!