martes, 23 de septiembre de 2025

CUMPLEANOS DE TAHIEL

 A semana pasada na clase de 5º de Educación Infantil celebramos o cumple de Tahiel.

Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Tahiel convidou os seus compañeiros/as cunha tarta decorada con moitos dinosaurios, que estaba deliciosa, riquísima.

Tamén degustaron zumes de piña e melocotón.Encantáronlles!!!

Moitas grazas Tahiel e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!!































CURSO 2025-2026

 

Benvidos e benvidas ao blogue dos nenos e nenas de infantil do CEIP de Curtis.

Comezamos este curso 2025-2026 con moita ilusión e ganas de aprender. As mestras de educación infantil desexamos que sexa un curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes. 

Aquí iremos compartindo ao longo destes meses acontecementos destacados, rechamantes e tamén inesperados do día a día das nosas tres aulas. 

Estade moi atent@s e...


Que comece a aventura!