sábado, 6 de diciembre de 2025

OBRADOIRO DE OUTONO

A semana pasada tivemos o obradoiro mensual onde nos xuntamos os nenos e nenas de todo o ciclo. Nesta ocasión, tiña como temática o outono. Comezámolo visionando o conto de "El ladrón de hojas" para despois poñernos mans á obra.




Aproveitando que durante estes meses o alumnado trouxo elementos característicos da estación, decidimos elaborar unha manualidade dun caracol, utilizando as castañas que tiñamos. Como podedes ver, estamos feitos uns artistas!














Esperando con ganas o obradoiro do mes de decembro! Que será?😏





viernes, 5 de diciembre de 2025

PARABÉNS ARYA! 


Este xoves 4 de decembro estivemos de aniversario na aula de 6º de EI, onde Arya celebrou cos compañeir@s os seus 5 anos. Comezamos o día na asemblea onde Arýa nos ensinou fotografías dende o seu nacemento e vimos como foi medrando dende que erá unha bebé ata a actualidade.



Máis tarde, na hora de merenda, cantámoslle a canción de aniversario e Arya soprou a vela. Logo degustamos todos o biscoito que trouxo. Estaba delicioso!!








Parabéns Arya! Grazas por compartir este día con todos nós!

martes, 2 de diciembre de 2025

 SAÍDA Á CORUÑA

O pasado mércores 26 de novembro todo o ciclo de infantil fixemos unha saída á biblioteca pública Miguel González Garcés de A Coruña. Comezamos a visita no salón de actos, onde Elena e Eugenio nos explicaron como funciona o sistema de préstamo da biblioteca, que pasos temos que seguir para crear o noso carné ou mesmo nos ensinaron diferentes tipos de libros que teñen na biblioteca e que podemos levar á casa.





Logo dirixímonos á sala infantil onde nos estaba esperando Sara, e que nos entretivo cunha sesión de contacontos a partires do álbum ilustrado de "Garavanciño".






Cando rematamos tivemos un momento de exploración libre pola zona infantil onde puidemos visulizar diferentes contos.














Non marchamos da biblioteca sen antes tomar a merenda e coller forzas para a volta ao cole! Foi unha saída moi enriquecedora, enmarcada dentro do porxecto anual de centro e na que o alumnado gozou moito!



Moitas grazas a Elena, Eugenio e Sara por esta mañá tan entretida!

jueves, 27 de noviembre de 2025

ANIVERSARIO DE SHANELLE

O pasado venres 21 de novembro celebramos na aula de 6º de EI o aniversario de Shanelle, que cumpriu 5 anos. Shanelle tróuxonos un vídeo con fotografías dende o seu nacemento. Logo soprou a vela e desgustamos a tarta de chocolate de aniversario. Foi un momento moi agradable entre música e risas!
 



 
Parabéns Shanelle! 

lunes, 17 de noviembre de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL 

O pasado xoves 13 de novembro visitounos Quico para ensinarnos aspectos relacionados coa educación vial.



Na primeira parte do obradoiro tivemos unha sesión na biblioteca onde nos explicou as normas que debemos cumprir como peóns, como debemos cruzar un paso de peóns e tamén como  funciona un semáforo. En pequenos grupos fomos practicando o aprendido.













Despois, chegou a hora de poñerse mans á obra! Equipámonos cos chalecos reflecatantes, collemos os nosos vehículos e comezamos a realizar o circuíto que nos preparou Quico! Pasámolo moi ben, como podedes ver no vídeo que vos deixamos a continuación!




Ata a próxima aventura!