sábado, 29 de marzo de 2014

TREN DA PRIMAVERA.

          Xa temos listos os trenes da primavera no colexio. Se pinchas en esta imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás ver o bonitos que están!!.

http://bibliotecacurtis.blogspot.com.es/2014/03/tren-da-primavera.html
 

lunes, 24 de marzo de 2014

CUMPLEANOS DE LORENA

           Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Lorena. Convidounos a un riquísimo biscoito con cacao que nos encantou e que comimos todiño!!! Moitas grazas Lorena e que cumplas moitos máis!!.
 
 

sábado, 22 de marzo de 2014

INAUGURACIÓN NOVA BIBLIOTECA.

        Onte inauguramos a nova biblioteca. Foi unha tarde estupenda, na que vimos o conto de "Nadarín " realizado polos maiores do cole nun teatro de sombras. E tamén comimos chocolate con biscoito que estaba...mmmmm! Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás ver toda a actividade.
 

http://bibliotecacurtis.blogspot.com.es/2014/03/a-nova-biblioteca.html
 

LAS DIEZ GALLINAS

       Hoxe queremos deixarvos con este conto de "las diez gallinas" de  Sylvia Dupois nesta ocasión narrado por Soraya Herráez. É un conto moi sinxelo, con rimas faciliñas e moi comprensible para os nenos/as. De gran sonoridade.
 
 
http://www.youtube.com/embed/39DVLPr3XSs

miércoles, 19 de marzo de 2014

CUMPLEANOS DE MONCHO

      Hoxe celebramos o cumpleanos de Moncho na aula de 3 anos. Convidounos a un riquísimo biscoito que comimos todiño!!! moitas felicidades Moncho e que cumplas moitos máis!!.

 

martes, 18 de marzo de 2014

ELEMENTOS DE MIRÓ.

       Como xa sabedes na aula de 3 anos estamos a traballar no proxecto de Miró. A este pintor gustábanlle moito certos elementos que repetía constantemente nas súas obras, como por exemplo: ollos, estrelas, soles,  lúas, planetas... nós fixemolos á nosa maneira pero fixándonos nas formas e cores que él utilizou. Despois plastificámolas e decoramos a entrada e o noso recanto. Veredes que chuli nos quedaron !!!
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/elementos%20miro/template.swf
 

lunes, 17 de marzo de 2014

CUMPLEANOS DE HUGO

        Hoxe celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Hugo que nos convidou a unha tarta de chocolate. Moitas grazas Hugo e que cumplas moitos máis!!.
 
 

CUMPLEANOS DE DARÍO

      Na aula de 4 anos celebramos o cumpleanos no mes de febreiro. Dario convidounos a un riquísimo biscoito. Moitas grazas Dario e que cumplas moitos máis!!.
 


CUMPLEANOS DE NOA

       Hoxe celebramos o cumpleanos de Noa na aula de 3 anos que nos convidou a un riquísimo pastel de chocolate cheíño de lacasitos!! Mmmm que rico estaba. Moitas grazas Noa e moitísimas felicidades!!
 
 

AZUL II

        Os nenos e nenas de tres anos seguimos realizando actividades do noso proxecto Miró. Aquí vos deixamos estes cadros tan bonitos da obra de Miró: "Azul II". Podedes ver como o fixemos: primeiro pintamos con rodillo o fondo e deixamos secar, e despois puxemos os elementos para facer a nosa propia versión do cadro. Esperamos que vos guste!.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/azul%20II/template.swf
 

domingo, 2 de marzo de 2014

FESTA DE ENTROIDO

      O venres pola tarde fixemos a festa do Entroido. Subimos a Primaria e alí comimos orellas e rosquillas e bailamos! Había moitos nenos/as e profes disfrazados. E tamén cantando no karaoke. Foi moi divertido. Se pinchas no seguinte enlace levarate a o blog da biblioteca onde poderás ver esta actividade.
 
http://bibliotecacurtis.blogspot.com.es/2014/03/festa-de-entroido.html