sábado, 21 de diciembre de 2013

VISITA DE PAPA NOEL.

        O último día de cole, como todos os anos, visitounos Papá Noel. Foi unha sorpresa enorme!!! Deunos regalos, caramelos e un carnet de amigos dos seus renos!!! pasámolo xenial!! E tamén tiveron agasallo as nosas profes.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/visita%20papa%20noel/template.swf
 

BO NADAL


Winter Snow Card Comments

XOGANDO A PAPA NOEL

        Nas clases de psicomotricidade, xogamos a un xogo moi especial! Convertímonos por un momento en pequenos papa noeles que levaban o seu trineo cargado de agasallos. Outros nenos, facíanse os durmidos esperando.... e por último abrianse os agasallos e os nenos/as xa podían xogar con eles. Aquí tendes a dramatización!!!.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/xogamos%20a%20papa%20noel/template.swf

jueves, 19 de diciembre de 2013

Estimulación da Linguaxe Oral

As clases de Estimulación da Linguaxe Oral son moi divertidas.Este primeiro trimestre traballamos moitas cousas: a nosa respiración e soplo, a masticación, a escoitar...e fixemos moitos xogos para relacionarnos cos nosos compañeiros. Velaquí podedes ver algunhas fotos das actividades máis divertidas.

Pinchando na primeira imaxe poderedes ver aos nenos e nenas de 4 e 5 anos.



E agora,pinchade nas velas para ver aos máis pequeniños,aos de 3 anos, que este curso tamén poden disfrutar deste programa.


TRABALLOS PRIMEIRO TRIMESTRE EN 4 ANOS

Neste primeiro trimestre traballamos moito. Aquí queda unha breve mostra dos nosos traballos.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/primer%20trimestre%204%20anos/template.swf

PAPA NOELES DE 4 ANOS!

        Nesta época navideña na clase de 4 anos disfrazámonos....Que guapos/as estamos


https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/papa%20noeles%20disfraz%204%20anos/template.swf

martes, 17 de diciembre de 2013

SOMOS DINOSAURIOS

       Os nenos/as de 5 anos xa rematamos o noso proxecto de dinosaurios, e temos que decir que o pasamos xenial!!! Para finalizalo, decidimos disfrazarnos de dinosaurios, e aquí podedes ver o guapísimos/as que estabamos!!!.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/disfraz%20dinosaurios/template.swf

RECANTOS DE NADAL

     Todo o centro está xa moi adornado... árbores de nadal, os reis magos, agasallos, portal de belén... e tamén as nosas aulas están cheas de adornos e traballiños que realizamos. Aqui vos deixamos tanto a ambientación de primaria, na que participamos coas nosas bolas adornadas coas nosas familias; como a decoración das nosas clases.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/recantos%20nadal/template.swf
 

O TREN DO NADAL

       Xa hai tempo que chegou o tren do Nadal ao centro. Dous trens grandes, están na entrada de Primaria, e un máis na aula de psicomotricidade de educación infantil. E están todos cargadiños de cousiñas de nadal: agasallos, flores de pascua, doces, calcetíns, bolas... qué bonitos quedaron!!!.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/tren%20nadal/template.swf
 

martes, 3 de diciembre de 2013

RECANTO DOS DINOSAURIOS

         Os nenos e nenas de 5 anos estamos aprendendo un montón de cousas dos dinosaurios. Aquí vos deixamos o bonito que quedou o noso recanto con todo o material que trouxemos da casa, así como algunha manualidade que estivemos a facer. Canto traballaron estes nenos!
 

https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/dinosaurios/template.swf
 

domingo, 1 de diciembre de 2013

XA CHEGA O NADAL.

        Xa se achegan as datas de Nadal e no Centro e en Educacion Infantil comezan a aparecer xa adornos destas datas. Pronto vos amosaremos o ben que quedaron as aulas, pero mentras tanto deixámosvos con xogos de Nadal. Estarán colocados no lateral dereito onde poñemos sempre os xogos. Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben.